Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
A setter inglés “Gala da Brisa” de Higinio Rodeiro foi a mellor calificada
11/02/2025

VII Proba de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia”

O pasado 8 de febreiro tivo lugar a VII Proba de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia” organizada pola Federación Galega de Caza na Coruña e celebrada nos terreos das Sociedade de Caza de Cedeira-Cerdido e Ortegal.  

A competición transcorreu nuns montes idóneos para esta especialidade de cans de parada sobre arcea. Ata un total de 25 cans participaron na mesma e amosaron un bo facer na búsqueda e mostra da migratoria. 

A proba estivo xuzgada por Jose Ángel Seco Alvite e o auxiliar Antonio Fraga Temprano, sendo a Directora da mesma Cristina Sanmartín Porca.

Foi a setter inglés “Gala da Brisa” propiedade de Higinio Rodeiro González a que obtivo unha mellor calificación cun 1º MB, seguida do macho de setter inglés de nome “Trono” propiedade de Víctor Fuentes Mella cun 2º MB. O terceiro posto era para o tamén macho de setter inglés “Nes de Bosende” propiedade de Andres Pena Vázquez.

O cadelo de menos de 24 meses de idade que obtivo a mellor calificación foi o setter inglés “Mini do Voltairo” propiedade de Julio Aneiros Pardo.

Nun ambente de coordialidade púxose fin á xornada coa entrega de trofeos e a clausura do acto por parte das autoridades presentes.

Esta proba contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

SEMIFINAL NORTE CAZA MENOR
2025-11-24
Iván Moure subcampión da Semifinal Norte de Caza Menor con Can

ARCEAS LUGO
2025-11-23
Arturo Ledo gañador do provincial lucense de caza de arceas

GALEGO DE CAZA MENOR CON CAN
2025-11-10
O pontevedrés Iván Moure coa podenca “Pomba” proclamouse Campión Galego de Caza Menor con Can na Cañiza

SELECCION GALEGA AGILITY
2025-11-05
Grandes resultados da Selección Galega no Nacional de Agility


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza