Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL XABARIL OURENSE
José Manuel Aguión gañador da proba e Miguel Ángel Rey Campión Provincial de Ourense de Rastro de Xabaril
2025-05-05

XV Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril “Xunta de Galicia”

Tal e como estaba previsto, o pasado sábado 3 de maio, desputouse nos montes do Tecor Santiago de Corneda a quince edición do Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril “Xunta de Galicia”. Proba clasificatoria para o Autonómico e puntuable para a Copa Galicia da especialidade.

A proba contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e coa esencial colaboración da Sociedade de Cazadores “Santiago de Corneda”.

Deportividade e coordialidade foron a notas destacadas do campionato no cal o monteiro coruñés José Manuel Aguión Tizón coa cadela “Aura” obtiña o primeiro posto con 241 puntos e, por tanto, era o campión da proba. Miguel Ángel Rey Montes era o segundo clasificado e campión provincial co can de nome “Lor” e 231 puntos. O bronce era para o actual campión de España da modalidade, Antonio Sánchez Sexto co can “Chico” e 220 puntos.

Este provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Proyecta Galicia e Arion.

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CPTO. ESPAÑA CANS DE MOSTRA
2025-10-14
O setter “Zafir de Piago” do galego René Vale converteuse no Campión de España de Cans de Mostra Británicos e por equipos Galicia acadou o subcampionato nacional

NACIONAL DE SAN HUBERTO
2025-09-29
A galega Nuria Varela campiona feminina da Copa España de San Huberto

AUTONÓMICO DE COELLO
2025-09-28
Os beagles do coruñés José Javier Suárez acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE COELLO
2025-09-22
O lote propiedade de Arosa Dasilva proclamouse campión provincial na Lama


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza