Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PAXARILES CORUÑA
Os mellores paxaros cantores da provincia
2025-05-07

XXVIII Campionato Provincial da Coruña de Paxariles “Xunta de Galicia”

O pasado 4 de maio desputouse en Narón, concretamente na Asociación Veciñal O Val, a edición XXVIII da fase provincial da Coruña de Paxariles “Xunta de Galicia” que contou coa organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración da Sociedade A Faisca.

A xornada transcorreu sen imprevistos e os diferentes paxaros cantores, divididos nas diferentes plumas, foron emitindo os seus cantos para o goce dos participantes.

Rematada a proba a clasificación final nas diferentes categorías resultou como segue a continuación:

Na categoría de Liñaceiro o campión, subcampión e terceiro clasificado foi Pablo Brage Piñeiro cun total de 52, 44 e 39 puntos.

En Xílgaro, o primeiro, o segundo e o terceiro posto era para Ricardo Díaz Fernández con 95, 87 e 52 puntos.

En Verderol a supremacía era para Pedro Fernández Jiménez que obtiña o primeiro e segundo posto con 17 e 11 puntos. O bronce era para Miguel Ángel Ares Ares con 11 puntos.

Jesús Ángel Faraldo Ares en Mixto de Liñaceiro facíase co primeiro e terceiro posto da xeral con 113 e 64 puntos. O segundo posto era para María José González Domínguez con 79 puntos.

Na categoría de Campero o primeiro e segundo posto era para Juan Luis Pita García con 30 e 29 puntos. Con 28 puntos o terceiro clasificado era José Luis Vez Rodríguez.

Na categoría de Mixto de Campero o primeiro posto era para Juan Luis Pita García con 57 puntos. Con 46 puntos o segundo posto era para Dionisio Ares Babarro e o terceiro clasificado era José Luis Vez Rodríguez con 42 puntos.

Na categoría de Mixto de Xílgaro a campiona era María Aurora Río Pico con 126 puntos. Fernando Nicasio García Castro acadaba o subcampionato con 113 puntos. Con 95 puntos e en terceira posición remataba José Luis Gándara Conde.

E xa para rematar, en Mixto de Verderolo o campión era Paula Veiga Sánchez con 38 puntos e a subcampiona era Mª Ángeles Pérez Arcos con 7 puntos. Paula Veiga Sánchez acadaba tamén o bronce con 1 puntos. 

Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATOS GALEGOS DE ARCO
2025-08-27
Campións galegos de percorridos e arco o voo

MEMORIAL JOSÉ E MANUEL CEA SEOANE
2025-08-12
Domínguez Treinta gañador do Memorial Cea Seoane de Percorridos de Caza

CAMPIONATO GALEGO DE SAN HUBERTO
2025-08-11
Juan Carlos Arteche con “Chula”, Juan José Canosa con “Chispa” e Lidia Almeida con “Dilan” son os novos campións galegos de San Huberto

PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO
2025-08-04
Eduardo Blanco con “Kin de Muíño de Melide” proclamouse campión provincial en Xinzo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza