XXXVIII Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza "Xunta de Galicia"
Na xornada de onte, 18 de maio, desputábase a proba provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza na que o tirador Daniel Domínguez Treinta proclamouse Campión Provincial cunha marca de 85 pratos escachados, ainda que o campión da proba foi Armandino Barros de Sa con 88 pratos.
Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e a esencial colaboración do Clube de Tiro Fronteiriñas e Clube de Tiro Eido Dalbo.
Destacamos a ampla inscrición para esta fase provincial que superou os 60 tiradores. Tiradores que se enfrontaron a 100 pratos nos que se acadaron marcas moi distantes entre uns campos e outros.
Foi o tirador Armandino Barros de Saa o senior que remataba o percorrido cun total de 88 pratos escachados e acadaba deste xeito o primeiro posto da Clasificación Xeral e campión da categoría. José Ramón Conde Mouriño era o segundo clasificado con 86 pratos. Daniel Domínguez Treinta acadaba o título de campión provincial e terceiro da xeral ao conquerir unha marca de 85 pratos.
Na categoría Senior en segunda posición remataba Álvaro José da Cruz Braga con 80 pratos. O terceiro caixón do podio era ocupado por Francisco Javier Rivero Martínez tamén con 80 pratos.
En Veteranos o tirador campión era José González Yáñez cun total de 78 pratos, Gabino Villamor Vázquez e Juan Manuel Garrido Amoedo remataron en segunda e terceira posición respectivamente.
En Máster o mellor clasificado era Joao Soares de Oliveira con 73 arxilas, Ángel Vidal Conde obtiña a prata e o bronce era para Luis Salmerón Madera.
En Iniciados o campión era Francisco Ronquete Caamaño, e Sabela Calvo Pérez campiona en Donas.
Este Campionato Provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.