26 de maio de 2025
TROFEO CAZARCO ASEXOS 3D

Arqueiros ao asexo

IV Trofeo Cazarco de Asexo de Caza con Arco 3D

Baixo a organización do Clube Cazarco e a Federación Galega de Caza en Pontevedra, onte 25 de maio tivo lugar a cuarta edición do Trofeo Cazarco de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D. Unha proba que mantivo o éxito acadado nas pasadas edicións congregando a un elevado número de arqueiros galegos.

Unha proba celebrada nas instalacións deportivas do Clube Cazarco, sito no lugar de Candán – Soutomarior (Pontevedra) e que congregou a arqueiros e arqueiras que, axudados pola boa climatoloxía, desenrolaron unha gran xornada deportiva.

Rematada a competición, o Director da Proba e Delegado de Arco da FGC, Jaime Villaverde Balado, deu a coñecer a clasificación das diferentes categorías:

Arco Asistido Masculino

- Eloy Álvarez Couñago: 318 puntos

- Miguel Caruncho Campanario: 295 puntos

- Javier Lesende Sieiro: 247 puntos

Arco Tradicional Masculino

- Herminio López Naval: 215 puntos

- Ricardo Rivas Outeiro: 198 puntos

- Roi López Díaz: 182 puntos

Arco Asistido Damas

- Marina Oliveira Amoedo: 213 puntos

- Mª Carmen Novoa Varela: 189 puntos

- Eva Davila Rodal: 165 puntos

Arco Tradicional Damas

- Silvia Gómez Pérez: 127 puntos

- Laura Fernández Crespo: 125 puntos

Junior

- Carlota Otero Cayetano: 113 puntos

- Iria Boullosa Curras: 87 puntos

- Mara Moreira Álvarez: 70 puntos

Esta proba contou coa colaboración do Concello de Soutomaior e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.