XV Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Proba de Ceiba Terras do Ortegal”
Na xornada do sábado 31 de maio, tiña lugar a xa XV Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Xunta de Galicia” Proba de Ceiba Terras do Ortegal, todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración das Sociedades de Cazadores de Ortegal, Venatoria Mañón e Cedeira-Cerdido.
Un día de monte, cans e xabariles no que tomaron saída un total de 21 equipos compostos por ata tres conductores e 6 cans.
Un ano máis Ortigueira foi un referente para os monteiros do norte de España grazas ao éxito organizativo e traballo dos rastrexadores, guías e xuíces. Mostra delo foron os numerosos levantes que se sucederon, exceptuando a un equipo, todos os lotes tiveron contacto co xabaril o que amosa o bo facer dos guías e rastrexadores asi como do nivel dos equipos presentados.
O Xurado de Competición estivo formado por Ángel Javier Muíño e José Luis Pérez e actuando como Directores da Proba Tito Tarela e Antonio del Río.
Foi o lote de Alfredo Vázquez Bugallo o que obtivo o primeiro posto con 1.172 puntos, converténdose no campión desta XV edición participando cos cans mestizos de nomes “Yaqui, Pinto, Adri, Hulk, Roble e Ringo”. Tamén o can “Roble” integrante deste lote obtivo o premio ao Mellor Can da Proba. Este monteiro completa deste xeito unha extraordinaria tempada de competicións ao ser tamén o campión da Proba de Ceiba de Terras do Barbanza.
José Manuel Costa foi o propietario do lote subcampión despois de realizar a prestación cos seus cans de nomes “Uno, Tata, Buba, Ulises, Senda e Venus” e obtendo unha puntuación de 1.150 puntos.
Hugo Mantiñan co seu lote de brunos “Sol, Simba, Omar, Oso, Romar e Viki” obtiña o bronce con 1.078 puntos.
Facemos mención a clasificación dos seguintes lotes:
4.- Roberto Montesenin
5.- Pablo Martínez Castrillón
6.- Simón Fernández Saa
7.- Sergio Prol Arcos
8.- Pablo Ferreiro Muíño
9.- Juan Antonio Nogueira
10.- Jesús Antonio Taladriz
Previa a entrega de premios e en palabras do presidente da Sociedade de Caza de Cedeira, Javier Muíño, realizouse un emotivo acto polo perda de Manuel Iglesias en recoñecemento a súa persoa e a súa sempre colaboración nesta proba de Ceiba Terras do Ortegal.
Esta proba contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.