Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL COMPAK SPORTING CORUÑA
Cebreiro domina o provincial coruñés de Compak
2025-06-09

Campionato Provincial da Coruña de Compak Sporting "Xunta de Galicia" 

O campionato provincial de compak sporting da Coruña celebrouse no día de onte, 8 de xuño, e estivo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña e contou coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.

A proba desputouse nas instalacións do campo de tiro de Río Sar a 100 pratos en catro canchas. Unha proba que, unha vez rematada, foi valorada positivamente polo medio cento de tiradores que a consideraron moi atractiva e na que se acadaron marcas que amosan o bo estado de forma dos tiradores a estas alturas da tempada de tiro.

Foi Daniel Cebreiro García o que impuxo un alto nivel de tiro acadando a marca de 97 pratos completando o campo 3 e 4 con sendos 25. Deste xeito Cebreiro é o novo campión provincial da especialidade. Gran tirada do lucense Jesús García Salgado que rematou no segundo posto con 95 pratos. Antonio Iglesias Otero obtivo o bronce da xeral e o primeiro posto da categoría Senior con 94 pratos. José Antonio Rivero Rivero obtivo o terceiro posto do provincial rematando 5 da xeral con 93 pratos. Destacar a gran tirada do campión provincial lucense José Luis Otero del Río que obtivo o cuarto posto da xeral con 93 pratos.

En Senior o segundo posto era para Santiago García Bello con 92 pratos. Mesmo número de pratos que Manuel García Pombo que se tiña que conformar co bronce.  

Na categoría de Veteranos o campión era Antonio Castro Ferreiro con 85 pratos. Elisardo Cea Cebreiro e Eliseo Faraldo Fernández acadaron o segundo e terceiro posto, respectivamente.

Ángel Mosquera Rodríguez rematando a tirada con 79 pratos e era o mellor clasificado da categoría Master.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COMPAK SPORTING OURENSE
2025-06-03
Francisco Javier Villanueva renova o título de campión provincial de compak

Proba de Ceiba Terras do Ortegal
2025-06-02
O lote de cans propiedade de Alfredo Vázquez resultou campión da Proba de Ceiba Terras do Ortegal

RASTRO XABARIL FESTA DA CAZA LUGO
2025-06-02
Maikel Otero con “Chacho” foi o campión provincial e Luciano Lago con “Rodolfo” campión da proba

SAN HUBERTO FESTA DA CAZA DE LUGO
2025-06-02
Jorge Martín con “Max” campión da proba e Juan Carlos Arteche con “Chula” campión provincial de San Huberto na Festa da Caza de Lugo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza