Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NACIONAL DE XABARIL
Tomiño recibe aos mellores cans de rastro sobre xabaril de 2025
2025-06-13

O próximo 28 de xuño, Tomiño (Pontevedra), albergará o XXXII Campionato de España de Rastro sobre Xabaril, a segunda e última proba da modalidade de rastro. Esta cita reunirá a case 50 participantes procedentes de diferentes comunidades autónomas.

Organizado pola Real Federación Española de Caza (RFEC), en colaboración coa Federación Galega de Caza e o Consello Superior de Deportes, este campionato desenvolverase baixo a dirección do delegado nacional de rastro, Óscar Meijide.

A tales efectos, o boletín de inscrición poderase presentar a través das Federacións Autonómicas ata o vindeiro mércores 18 de xuño. As prazas asignadas para este ano por federacións autonómicas son: oito para o País Vasco e Galicia, sete para Castela e León, seis para Asturias, cinco para Cantabria, catro para Navarra e unha para Cataluña, a Rioxa e para o campión da edición anterior (Galicia).

A competición consistirá no seguimento dun rastro de xabaril por un equipo formado por un can de rastro, conducido á traílla por un monteiro, dividindo o campionato en dúas probas, unha clasificatoria proba “A” e outra para a final, proba “B”.

Na proba “A”, participarán todos os cans distribuídos en dous campos, campo nº 1 para os dorsais impares e campo nº 2 para os dorsais pares. Unha vez concluída a proba A, disputarase a proba “B” participando os 12 cans clasificados, proclamándose campión nacional desta modalidade o participante que máis puntos obteña nesta proba.

Ademais, disputaranse a II Copa de España Xuvenil da especialidade, fomentando así a participación de mozos e mozas no deporte cinexético.

O XXXII Campionato de España de Rastro sobre Xabaril conta co patrocinio e a colaboración de Browning, Winchester, Miroku, Legia, HART, ISUZU, Avis, Mutuasport, Cinexética, Stop Violencia Xénero, Xunta de Galicia, Remanso, Ventos e rastros, Ríos e Montes Bograo pensos, Colfoman, Silvet, Colibrí, Wildlife “A tiro fixo”, Concello de Tomiño, Solognac, Taller Armería Bergantiños Melide, Comunida de montes de pinzás, FGC Pontevedra, Concesionario Vepersa e Carnicería Florentiña. 

PROGRAMA

Venres 27 de xuño:

19:00h: Recepción dos participantes no “Restaurante Os Outeiros” (Barrio Igrexa, 4, 36746 A Igrexa, Pontevedra).

20:00h: Saída do Restaurante Os Outeiros en autocar en dirección á “Praza do Seixo” en Tomiño para a entrega de dorsais.

21:30h: Cea de benvida (Restaurante Os Outeiros). 

 

Sábado 28 de xuño:

07:30h a 08:15h: Concentración no Restaurante Os Outeiros.

08:30h: Saída dos participantes.

09:00h: Chegada á zona da proba.

09:35h: Comezo da proba.

12:00h: Parada para degustación de taco campero.

13:00h: Comezo da Final do Campionato

15:00h: Comida de clausura do Campionato Restaurante As Outeiro.

17:00h: Entrega de trofeos e premios en Restaurante Os Outeiros, despedida e saída cara aos respectivos destinos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL COMPAK SPORTING CORUÑA
2025-06-09
Cebreiro domina o provincial coruñés de Compak

COMPAK SPORTING OURENSE
2025-06-03
Francisco Javier Villanueva renova o título de campión provincial de compak

Proba de Ceiba Terras do Ortegal
2025-06-02
O lote de cans propiedade de Alfredo Vázquez resultou campión da Proba de Ceiba Terras do Ortegal

RASTRO XABARIL FESTA DA CAZA LUGO
2025-06-02
Maikel Otero con “Chacho” foi o campión provincial e Luciano Lago con “Rodolfo” campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza