30 de xuño de 2025
COPA FGC CORUÑA CANS DE PARADA

O setter “Ralf” de Carnota Ríos foi o mellor calificado en Vimianzo

Copa FGC Coruña de Cans de Parada “Xunta de Galicia”

O pasado 28 de xuño tivo lugar no Tecor de San Vicente de Vimianzo a Copa FGC da Coruña de Cans de Parada "Xunta de Galicia", puntuable para a Copa Galicia da especialidade.

Proba organizada pola Federación Galega de Caza na Coruña e que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Vicente Vimianzo.

A competición dirixida por Xulián Gandarela trascorreu con total deportividade, con temperaturas elevadas e na que soamente obtiveron calificacións os cans de razas británicas.

En Británicos o setter de nome “Ralf" propiedade de José María Carnota Ríos o que obtiña o primeiro posto con calificación de 1º MB. A prata cun 2ºB era para o pointer de nome “Pul de Camp de Lira" propiedade de Jaime Aneiros. O bronce acadabao o tamén pointer de nome “Seuz " de Jaime Aneiros cun 3ºB.

Esta Copa FGC contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.