Preto de corenta participantes de sete comunidades autónomas déronse cita na localidade pontevedresa de Tomiño nunha XXXII edición marcada polo alto nivel competitivo e a gran organización.
O XXXII Campionato de España de Rastro sobre Xabaril, organizado pola Real Federación Española de Caza xunto coa Federación Galega de Caza e o Consello Superior de Deportes (CSD), celebrou este sábado en Tomiño (Pontevedra) con éxito total de participación e organización, atraendo a 38 competidores de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, País Vasco, Navarra e Aragón.
O vencedor da proba foi o asturiano Diego Molina, que xunto ao seu grifón “Loquina” alcanzou os 229 puntos. No pódium acompañáronlle como segundo e terceiro clasificado o galego Julio Daniel Ferradás Vermellas co seu can “Copy” e 227 puntos e o tamén asturiano Luciano Lago Álvarez co seu sabuxo “Rodolfo” e 224,5 puntos, quen completou unha competición de alto nivel.
A selección galega
En canto a selección destacamos o alto nivel presentado polos monteiros galegos pasando 5 cans á final: Julio Ferradás con “Copy”, Manuel Antonio Bujan con “Moro”, Juan Vecino con “Eros”, Salvador Sestelo con “Beba” e Cristóbal Cacheda con “Horus”. Unha final de moito nivel no que o pontevedrés Julio Ferradás e “Copy” obtiveron o segundo posto a tan so dous puntos do campión.
Copa Xuvenil
Simultaneamente, tivo lugar a II Copa Xuvenil, coa participación de 6 mozos cazadores, onde se impuxo a moza cántabra Julia Gutiérrez con “Lira”. Anais Suárez e Samuel Fernández, en segunda e terceira posición respectivamente, foron os rapaces que compretaron o podio xuvenil. Desta forma, a RFEC segue impulsando a renovación xeracional e a promoción de valores crave como a ética, a formación e o respecto pola contorna.
Patrocinadores, colaboradores e agradecementos
O campionato contou co patrocinio e a colaboración de Browning, Winchester, Miroku, Legia, HART, ISUZU, Avis, Mutuasport, Cinexética, Stop Violencia Xénero, Xunta de Galicia, Remanso, Ventos e rastros, Bograo pensos, Colfoman, Silvet, Colibrí, Wildlife “A tiro fixo”, Concello de Tomiño, Solognac, Taller Armería Bergantiños Melide, Comunida de montes de pinzás, FGC Pontevedra, Concesionario Vepersa e Carnicería Florentiña.
A RFEC quere agradecer a implicación de Óscar Meijide (delegado nacional da modalidade), xuíces, participantes, federacións autonómicas, autoridades locais e resto de implicados na organización deste campionato de España de Rastro sobre Xabaril que demostrou non só a calidade do deporte cinexético en España, senón tamén o firme compromiso coa excelencia organizativa e a aposta por unha das modalidades cinexéticas con máis arraigamento e tradición no centro e norte peninsular.
Dende a FGC destacan o traballo da FGC de Pontevedra e da enorme implicación da Sociedade de Caza A Tomiñesa, pezas craves para que este proba nacional fose un éxito.
CLASIFICACIÓN:
Diego Molina García (Asturias) – “Loquina” (Grifón) – 229 pts
Julio Daniel Ferradas Vermellas (Galicia) – “Copy” (mestizo) – 227 pts
Luciano Lago Álvarez (Asturias) – “Rodolfo” (Sabuxo) – 224’5 pts
Casimiro González Alonso (Asturias) – “Lola” (Sabuxo) – 212’5 pts
José María Iturralde Boto (Euskadi) – “Turco” (Mestizo) – 201’5 pts
Salvador Sestelo Núñez (Galicia) – “Beba” (mestizo) – 200’5 pts
Noelia Díaz Izaguirre (Cantabria) – “Goby” (Grifón) – 197 pts
Gustavo Angulo Oyarzabal (Euskadi) – “Linda” (Sabuxo) – 187 pts
Manuel Buján Mella (Galicia) – “Mouro” (mestizo) – 180’5 pts
Cristóbal Cacheda Chousa (Galicia) – “Horus” (mestizo) – 168’5 pts
Juan Fernández Vecino (Galicia) – “Eros” (Grifón) – 166’5 pts
Eduardo Sanmiguel Jiménez (Navarra) – “Princesa” (Grifón) – 135 pts