XXV Campionato Galego de Compak Sporting "Xunta de Galicia"
No día de onte, 20 de xullo, nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar desputouse o Campionato Autonómico de Compak Sporting. Un campionato con ampla participación, preto de 90 tiradores, e que foi testigo do dominio do tirador coruñés Daniel Cebreiro García que acadou, por cuarto ano consecutivo, o título de campión galego.
Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar desputábase a edición XXV do Campionato Galego de Compak Sporting “Xunta de Galicia”. Unha xornada que daba comenzo ás 8:30 horas e remataba ás 17:00 horas e na cal os deportistas enfrontáronse a 150 pratos repartidos en seis canchas.
O campionato trascorreu baixo condicións climáticas moi cambiantes, con refachos de vento e choiva intermitente que mermou as marcas acadadas polos tiradores.
O coruñés Daniel Cebreiro García cun claro dominio proclamouse Campión Galego de Compak Sporting, por cuarto ano consecutivo, despois de acadar a marca de 142 pratos. O tamén coruñés José Manuel Fernández Añón, a tres pratos do campión, foi o tirador que tivo certa posibilidade de pelexarlle o título a Cebreiro pero non foi así e tivo que conformarse co segundo posto da xeral. O terceiro posto da xeral era para Eloy Fernández López con 138 pratos, namentras que o bronce do campionato galego era para o pontevedrés Manuel Blanco Puertas con 136 arxilas.
O primeiro posto da categoría Senior foi para Álvaro José da Cruz Braga con 133 pratos. O lucense Juan Carlos Bande López era o campión galego da categoría despois de facer unha gran tirada que lle reportou un total de 128 pratos. Santiago García Bello era o subcampión galego e o bronce era para Antonio Iglesias Otero, con 127 e 126 pratos respectivamente.
Elisardo Cea Cebreiro revalidaba o título da categoría Veteranos con 127 pratos. A prata era para Eliseo Faraldo Fernández con 104 pratos e con 102 pratos o terceiro clasificado era José Manuel Garrido Amoedo.
En Donas a campiona galega era Maitane Fandiño Pérez e a subcampiona Sabela Calvo López.
Ao abano de campións deste Autonómico sumábanse os seguintes tiradores: Ángel Mosquera Rodríguez en Másters, Artemio Formoso Barro en Tiro Adaptado e Alejandro Castro Pérez en Iniciados.
A Selección Galega para o Nacional de Compak Sporting quedou formada por Daniel Cebreiro García, José Manuel Fernández Añón, Manuel Blanco Puertas, Roberto Rodríguez Fernández, Juan Carlos Bande López, e Elisardo Cea Cebreiro. Na clausura e entrega de premios o presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, agradeceu a alta participación transmitindo o desexo de que a selección galega acade grandes resultados no Campionato de España da modalidade.
Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.