Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TROFEO CAZARCO
Arqueiros campións do Trofeo Cazarco
2025-07-21

Proba Trofeo Cazarco de Percorridos de Caza con Arco “Xunta de Galicia”

No día de onte, 20 de xullo, arqueiros galegos citáronse na localidade pontevedresa de Candan para desputar a Proba Trofeo Cazarco de Percorridos de Caza con Arco “Xunta de Galicia” organizado polo Clube Cazarco e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en Pontevedra.

Na participación de dita proba houbo, como ven sendo habitual, un amplo abano de idade dos arqueiros e arqueiras ata un total de 33 inscritos. Deportistas que se enfrontaron a diferentes propostas con figuras de caza 3D, algunhas destas figuras en movemento e sempre supervisados por xuíces titulados, sendo un campionato puntuable para o Autonómico da especialidade.

Na modalidade de arco asistido homes o campión era Eloy Álvarez Couñago, foi seguido de Jaime Villaverde Balado en segunda posición. Ismael Figueroa Vilaboa situábase no terceiro posto da clasificación.

En arco tradicional homes o campión era Alfonso Veiga Miranda. O subcampionato recaía en Ricardo Rivas Outeiral e o bronce en Manuel González García. En arco tradicional damas a campiona era Laura Fernández Crespo.

En lonbow o campión era Roi Lopez Díaz, seguido de Jacobo Santoro Lorenzo e José García Gómez en segunda e terceira posición, respectivamente.

Marina Olveira Amoedo era a campiona en arco asistido damas seguida de Dolores Bugarín Codeseda e Eva Davila Rodal en segunda e terceira posición, respectivamente.

En cadetes o primeiro posto era para Serafín Germán Veiga Prieto. Nerea Piñeiro Gago e Carlota Otero Cayetano obtiveron o primeiro e segundo posto, respectivamente, en Junior e o bronce en dita categoría foi para Iria Boullosa Currás. 

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO GALEGO DE SAN HUBERTO
2025-08-11
Juan Carlos Arteche con “Chula”, Juan José Canosa con “Chispa” e Lidia Almeida con “Dilan” son os novos campións galegos de San Huberto

PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO
2025-08-04
Eduardo Blanco con “Kin de Muíño de Melide” proclamouse campión provincial en Xinzo

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
2025-07-28
O campión provincial foi Esteban Lorenzo con“Brisa” e o campión da proba Mario Dios con “Mike”

CAMPIONATO GALEGO COMPAK SPORTING
2025-07-21
Por cuarto ano consecutivo Daniel Cebreiro domina e revalida o título de Campión Galego de Compak Sporting


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza