4 de agosto de 2025
PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO

Eduardo Blanco con “Kin de Muíño de Melide” proclamouse campión provincial en Xinzo

Baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa colaboración da Sociedade de cazadores de Xinzo de Limia, tivo lugar a edición XXVI do Campionato Provincial de Ourense de San Huberto “Xunta de Galicia”.

A proba desputouse o pasado sábado 2 de agosto e foi dirixida por Manuel Feijoo Castro e sendo xuzgada por David Romero Albores. Una proba que daba como campión ao cazador Víctor Varela Castro participando coa cadela “Cora de la ciudad del Tajo” e 56 puntos.

O segundo posto da xeral e campión provincial foi Eduardo Blanco Mejuto que acadou 50 puntos participando co can “Kin de Muiño de Melide”. O bronce foi para Jaime Aneiros Ardao co braco “Iron de Mancofa” e 46 puntos.

A selección provincial quedou conformada por: Eduardo Blanco, Jaime Aneiros Ardao, Jaime Aneiros Leira, Eliseo Faraldo e Juan Manuel González.

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.