Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO GALEGO DE SAN HUBERTO
Juan Carlos Arteche con “Chula”, Juan José Canosa con “Chispa” e Lidia Almeida con “Dilan” son os novos campións galegos de San Huberto
2025-08-11

XXXVII Campionato Galego de Caza San Huberto “Xunta de Galicia”

O pasado sábado, 9 de agosto, tiña lugar o Campionato Galego de Caza San Huberto “Xunta de Galicia” no que Juan Carlos Arteche en masculino, Juan José Canosa en levantadores e Lidia Almeida en donas, resultaban campións despois dunha gran xornada deportiva desputada en Cedeira-Cerdido.

Coa organización da Federación Galega de Caza e a colaboración da Asociación Deportiva de Caza e Pesca Cedeira-Cerdido e a Agrupación de Cazadores do Ortegal desputábase esta fase final clasificatorio para o Nacional da especialidade que se desputará, o 27 e 28 de setembro, en Zaragoza.

O equipo de xuíces estivo composto por: Antonio Fraga, David Romero, Jose Manuel Pallas e Jose Ángel Seco. José Moure foi o encargado da dirección da proba na que un intenso vento no barrage final foi o máis destacado nun campionato que descorreu sen imprevistos e baixo unha enorme deportividade e amizade. 

Os participantes repartíronse en 4 campos: tres campos para Homes e un para Donas e Levantadores. O barrage final de Homes, foi desputado polos dous mellores de cada campo, nesta ocasión foron: Juan Jose Canosa, Jorge Martín, Antonio Costa, Edelmiro Leira, Juan Carlos Arteche e Felix Robles.

 

Na categoría Homes o cazador lucense Juan Carlos Arteche Castillo coa femia de pointer Chula” obtiña a mellor puntuación, 80 puntos, e acadaba o título de campión autonómico da especialidade. Jorge Martín Sánchez, campión da edición anterior, obtiña o segundo posto participando co macho de pointer de nomeMax da Chousa. O tamén coruñés Juan José Canosa Vigo co pointer “Nike da Chousa” obtiña o bronce, acadando tamén praza para o Nacional da especialidade.

A cazadora Lidia Almeida de Oliveira co setter “Dilan de Piago” era, con 63 puntos, a flamante campiona na categoría de Donas. A prata era para Nuria Varela Painceiras co pointer “Alfa” e o bronce para Nicolasa González Carredoguas acompañada do macho de pointerTrom.

 

Juan Jose Canosa Vigo coa springer de nome “Chispa” era o campión na categoría de Levantadores acadando un total de 78 puntos. Con 74 puntos o subcampionato era para Edelmiro Leira Pérez con “Javi” namentras que Saturnino Vidal Pereira con “Coco” tíñase que conformar co bronce e 60 puntos.

Neste Autonómico de San Huberto tamén se deu a coñecer o Campión da Copa Galicia da especialidade. Nesta ocasión resultou gañador Roberto Dopico Dopico que recibía a placa de campión e un pase directo para o Campionato Nacional da especialidade.

Para o Nacional a Selección Galega quedou conformada polos seguintes deportistas: Juan Carlos Arteche, Jorge Martín, Juan José Canosa, Edelmiro Leira, (Campión da Copa Galicia 2025), Saturnino Pereira, Lidia Almeida, Nuria Varela e Nicolasa González.

Na entrega de premios e clausura do campionato o presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, fixo entrega a Edelmiro Leira Pérez da placa de campión da Copa Galicia da especialidade ao tempo que agradeceu as tarefas realizadas por xuíces e sembradores como pezas clave neste tipo de probas. Remataba o mandatario federativo resaltanto a vital colaboración das Sociedades de caza colaboradoras e desexando á selección galega os maiores éxitos no Campionato de España.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO
2025-08-04
Eduardo Blanco con “Kin de Muíño de Melide” proclamouse campión provincial en Xinzo

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
2025-07-28
O campión provincial foi Esteban Lorenzo con“Brisa” e o campión da proba Mario Dios con “Mike”

TROFEO CAZARCO
2025-07-21
Arqueiros campións do Trofeo Cazarco

CAMPIONATO GALEGO COMPAK SPORTING
2025-07-21
Por cuarto ano consecutivo Daniel Cebreiro domina e revalida o título de Campión Galego de Compak Sporting


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza