Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MEMORIAL JOSÉ E MANUEL CEA SEOANE
Domínguez Treinta gañador do Memorial Cea Seoane de Percorridos de Caza
2025-08-12

Campionato de Percorridos de Caza Memorial José e Manuel Cea Seoane

Sen dúbida unha das citas do tiro chega no mes de agosto coa desputa do Memorial José e Manuel Cea Seoane de Percorridos de Caza, celebrado o pasado 10 de agosto no campo de Tiro Rio Sar. Campionato puntuable para a Copa Galicia, a 100 pratos en 2 líneas e 4 postos, e con máis de 70 tiradores inscritos. Todo elo organizado pola Sociedade Deportiva Río Sar e coa colaboración da Federación Galega de Caza e dieferentes entidades comerciais.

Rematada a competición, a clasificación final deu como gañador ao pontevedrés Daniel Domínguez Treinta que con 93 pratos escachados converteuse no campión desta edición 2025. O coruñés Daniel Cebreiro García foi o subcampión con 92 pratos e o bronce, a un prato do subcampión, foi para o tirador Antonio Iglesias Otero.

Os seguintes tiradores mellor clasificados na xeral foron: 4º Jose Manuel Fernández Añón, 5º Alfredo García Mendoça, 6º Eloy Fernández López, 7º Antonio Taboada Agra, 8º Omar Insúa Rodríguez, 9º Francesc Calvet e 10º José Antonio Rivera Rivero.

Rematada a competición e durante a entrega de premios, a Sociedade Deportiva Río Sar quixo facer unha mención ás casas e entidades patrocinadoras que reportaron un destacado e amplo número de agasallos aos participantes. Unha proba cun ambente de deportividade e tamén, dalgún xeito, marca o remate da tempada de tiro deportivo do calendario oficial.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO GALEGO DE SAN HUBERTO
2025-08-11
Juan Carlos Arteche con “Chula”, Juan José Canosa con “Chispa” e Lidia Almeida con “Dilan” son os novos campións galegos de San Huberto

PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO
2025-08-04
Eduardo Blanco con “Kin de Muíño de Melide” proclamouse campión provincial en Xinzo

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
2025-07-28
O campión provincial foi Esteban Lorenzo con“Brisa” e o campión da proba Mario Dios con “Mike”

TROFEO CAZARCO
2025-07-21
Arqueiros campións do Trofeo Cazarco


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza