Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATOS GALEGOS DE ARCO
Campións galegos de percorridos e arco o voo
2025-08-27

XXV Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco Xunta de Galicia e XXV Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo Xunta de Galicia

O pasado domingo, 24 de agosto, celebrouse o XXV Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco na localidade de Soutomaior - Pontevedra. Unha proba na que participaron un total de 41 arqueiros e que foi a derradeira tirada que pechaba a tempada e daba a coñecer os campións galegos e os arqueiros representantes para o Campionato Nacional.

Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza e a esencial colaboración e traballo do Clube Cazarco. Coma sempre, os participantes pasaron unha entretida mañá no campo de tiro da sociedade Cazarco sito en Candán, resolvendo un circuito de 8 propostas de caza.

Unha vez recollidos os resultados de todas as probas da especialidade desputadas na presente tempada, o Campionato Galego rematou cos seguintes campións galegos nas seguintes categorías:

- Arco Asistido Masculino: 1º Eloy Álvarez, 2º Jaime Villaverde e 3º Ismael Figueroa

- Arco Tradicional Masculino: 1º Alfonso Veiga, 2º Jacobo Santoro e 3º Roi López

- Arco Asistido Damas: 1ª Dolores Bugarín, 2ª Marina Oliveira e 3ª Eva Dávila

- Arco Tradicional Damas: 1ª Laura Fernández Crespo

- Arco Junior: 1ª Carlota Otero Cayetano, 2ª Iria Boullosa e 3ª Nerea Piñeiro

- Arco Cadete: 1ª Ariadna López e 2º Serafín Veiga

Despois da desputa do Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco, tivo lugar o Autonómico de Caza con Arco ao Voo.

Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza e, novamente, coa colaboración do Clube Cazarco.

Este Campionato de Caza con Arco ao Voo contou coa presenza de 6 parellas de cazadores cos seus respectivos cans de mostra.

A parella campiona foi a composta por Jacobo Santoro e Eloy Álvarez que contaron coa axuda do setter de nome “Blas”. Eva Dávila e Marina Oliveira coa setter “Pepa” obtiveron o subcampionato namentras que Jaime Villaverde e Miguel Caruncho obtiveron o bronce xunto co can “Sil”.

Estes campionatos contaron co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
24/02/2026
Un total de 8 medallas colleitadas pola Selección Galega no Nacional de Percorridos con Arco

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
09/02/2026
Cedeira e Ortigueira acolleron a oitava edición da proba de Cans de Parada sobre Arcea

PROVINCIAIS E GALEGO DE RAPOSO
2026-02-02
O equipo coruñés “Os Intocables” foi o gañador do Autonómico de Raposo desputado na Fonsagrada

ARCEAS OURENSE
2026-01-19
O título de campión provincial de Ourense foi para Iván Álvarez coa setter “Loba Raiña”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza