Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO GALEGO CANS PARADA
O setter “Único” de Antonio Vilar e o braco “Iron” de Jaime Aneiros, foron os Campións Galegos da Copa Galicia de Cans de Parada 2025
2025-09-01

XXXV Copa Galicia Cans de Parada - Campionato Galego Xunta de Galicia 202

O pasado sábado, 30 de agosto, tivo lugar a derradeira proba da Copa Galicia de Cans de Parada que se desputou nos terreos do Tecor Terra Chá. Uns campos cedidos pola sociedade de caza local que outorgaron os resultados definitivos dos campións galegos da Copa Galicia deste 2025.

A organización do campionato recaeu na Federación Galega de Caza en colaboración con dita sociedade de caza e sendo o director da proba José Moure Caneda.

A xornada competitiva trascorreu sen imprevistos e baixo unhas condicións climáticas aceptables para o bo desenrolo da mesma. Actuaron como xuíces Antonio González e José Ángel Seco, auxiliados por Antón Moure e Miguel Montoiro.

Nesta derradeira proba, o campión en Británicos foi o setter “Zafir de Piago” de René Vale García cunha calificación de 1EXC. O setter de nome “Roi de Vilar de Donas” tamén propiedade de René Vale García obtivo o segundo posto cun 2 EXC. Tamén cun MB remataba, en terceira posición, o pointer macho “Puskas dos Bornes” de José María Carnota Ríos.

En Continentais a braco alemán “Iron” de Jaime Aneiros Leira foi o único can que obtivo calificación cun BO.

Finalmente, sumados os resultados das probas puntuables da Copa Galicia, a clasificación final galega de Cans de Parada 2025, que conforma a Selección Galega, foi a seguinte.

RAZAS BRITÁNICAS

1º e campión “Único”, setter inglés macho de Antonio Vilar Vigo, con 28 puntos.

2º “Pull de Camp de Lira”, pointer macho de Jaime Aneiros Leira, con 22 puntos.

3º “Zafir de Piago”, setter inglés macho de René Vale García, con 20 puntos.

4º "Roi de Vilar de Donas", setter inglés macho tamén de René Vale García, con 19 puntos

RAZAS CONTINENTAIS

1º “Iron” braco alemán macho de Jaime Aneiros Leira, con 20 puntos.

Na lectura e exposición do rapport da proba os xuíces destacaron a idoneidade dos terreos que a postre repercutiu na calidade dos lances froito do traballo previo de José Ángel Seco á hora de testar e elexir os campos. Os xuíces tamén fixeron unha mención especial para o sembrador Jesús Paz que co seu bo facer permitiu que tódolos participantes atopasen caza no respectivos turnos.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATOS GALEGOS DE ARCO
2025-08-27
Campións galegos de percorridos e arco o voo

MEMORIAL JOSÉ E MANUEL CEA SEOANE
2025-08-12
Domínguez Treinta gañador do Memorial Cea Seoane de Percorridos de Caza

CAMPIONATO GALEGO DE SAN HUBERTO
2025-08-11
Juan Carlos Arteche con “Chula”, Juan José Canosa con “Chispa” e Lidia Almeida con “Dilan” son os novos campións galegos de San Huberto

PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO
2025-08-04
Eduardo Blanco con “Kin de Muíño de Melide” proclamouse campión provincial en Xinzo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza