14 de outubro de 2025
CPTO. ESPAÑA CANS DE MOSTRA

O setter “Zafir de Piago” do galego René Vale converteuse no Campión de España de Cans de Mostra Británicos e por equipos Galicia acadou o subcampionato nacional

O pasado sábado, 11 de outubro, tivo lugar en Cabañes de Esgueva (Burgos) o XXXIV Campionato de España de Cans de Mostra e I Copa España de Levantadores.

Unha proba con ampla participación, máis de 80 cans inscritos, e na que Galicia presentaba aos deportistas René Vale García e Jaime Aneiros Leira como seleccionados.

Foi o setter “Zafir de Piago” de René Vale o que obtivo o título de Campión de España en Británicos e elevou a Galicia ao máis alto da clasificación obtendo este prestixioso resultado.

Pero Galicia tamén obtiña o máis que meritorio segundo posto por equipos en Británicos co pointer “Pull de Camp de Liria” de Jaime Aneiros e o setter “Zafir de Piago” de René Vale García.

Un campionato seguido moi de preto por José Moure, Secretario Xeral da FGC, que alentou e felicitou aos deportistas galegos no transcurso da proba e que, a postre, reportou uns extraordinarios resultados a Galicia no eido cinexético-deportivo.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.