Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XORNADA FORMACIÓN
As experiencias na recuperación dos terreos queimados e a importancia dos censos marcaron a xornada formativa da FGC
2025-10-21

O pasado venres, 17 de outubro, a Federación Galega de Caza coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático celebraron unha Xornada Formativa presencial baixo o título “Xestión e recuperación da fauna silvestre e melloras do hábitat con especial atención ás zonas quiemadas”.

No Hotel Los Abetos, sito en Santiago de Compostela, comenzaba ás 18:00 horas esta xornada formativa que contou con diferentes ponentes de renome que impartiron coñecementos e experiencias aos cazadores chegados dende as catro provincias galegas.

Era o presidente da FGC, Luis Eusebio Fidaldo, o que inauguraba a xornada e presentaba a cada un dos ponentes e as diferentes temáticas a tratar centradas en dous bloques: a importancia dos censos de especies cinexéticas e xestión na recuperación dos terreos queimados.

Posteriormente tomaba a palabra o secretario xeral da FGC, José Moure, o cal destacaba a necesidade da colaboración e realización dos censos que aportan información vital para a toma de decisións na xestión das especies cinexéticas, informava dos distintos censos que se realizan o longo do ano, en colaboración con Artemisan a través do Observatorio Cinexético coa axuda do programa Censdata, igual que os que se fai sobre as arceas en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente. Censos que dan base a unha defensa sólida da caza tanto a nivel autonómico, estatal e en Europa.

Era o inxeneiro de Montes da Escola Politécnica de Lugo, Joel Rodríguez Ruiz, o que analizaba os datos, da pasada tempada, extraídos sobre o censado de arceas do “Proxecto Arcea” en base aos seus coñecementos en mostreo estadístico e estimación de poboacións.

A segunda parte desta xornada formativa centrábase nos incendios e as súas consecuencias nas especies silvestres e hábitats, facendo primeiramente fincapé na liña de axudas impulsadas pola Xunta de Galicia para a restauración dos Tecores afectados. Eran os inxeneiros de montes Yago Lestido e Antón Moure os que daban luces e sombras a esta liña de axudas a Tecores, amosando os inconvintes cos que se atoparon as sociedades de caza para a súa tramitación.

A seguinte intervención corría a cargo de Jorge García, xefe da sección de caza e vida silvestre do Principado de Asturias. Jorge desmenuzou a súa experiencia na xestión da recuperación do terreo asolado polo gran incendio de Valdés no ano 2023 con 12.000 hectáreas calcinadas e a influencia que tivo nas poblacións cinexéticas, así como as actuacións máis inmediatas a realizar.

Pechaba as intervencións o xestor cinexético, Andrés Secades, que co seu traballo realizado en diferentes acoutados de Castela e León deu luz e esperanza á recuperación dos terreos queimados despois de vivir nos seus terreos a xestionar os grandes lumes da Serra da Culebra e Molezuelas.

Luis Eusebio Fidaldo clausuraba a xornada agradecendo a activa participación dos asistentes así como as diferentes ponencias cargadas de experiencias reais dos relatores. O presidente da FGC remataba coa enumeracións das diferentes conclusión extraídas da xornada entre as que destacamos, entreoutras, as seguintes:

-            Os censos son unha ferramenta vital para o futuro da actividade cinexética

-            As liñas de axudas deben ser reais e contar co asesoramento dos cazadores e xestores cinexéticos

-            O aporte de alimentación a fauna nos terreos queimados debe realizarse de xeito inmediato

-            Maiores beneficios da sembra directa fronte á mecanizada

-            A volta á practica cinexética en terreos queimados debe ser dependente do grado de recuperación e non encasillada a un periodo fixo de tempo

-            O retorno das especies aos seus hábitats afectados polos incendios prodúcese nun curto periodo de tempo

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

UFEDEGA
28/01/2025
Javier Nogueira nomeado presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas

CURSO ARCO
02/04/2024
I Curso Formativo de Cazador Arqueiro Cualificado

CURSO FORMACIÓN
24/10/2023
Curso sobre a cría da perdíz

FESTA DA CAZA DE RODEIRO
18/11/2019
A climatoloxía non puido coa Festa da Caza de Rodeiro


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza