Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA MENOR PONTEVEDRA
Javier Calvo con "Nena" é o novo Campión Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can
2025-10-27

O pasado sábado 25 de outubro, nos montes do Tecor da Sociedade de Caza A Magdalena de Burgueira, no concello de Oia, celebrouse o XXXVIII Campionato Provincial de Pontevedra "Xunta de Galicia" de Caza Menor con Can.

Os participantes en compañía dos seus cans e os seus respectivos xuíces, gozaron da xornada cinexética grazas á cantidade de lances con exemplares  avistados.

Baixo a dirección de José Manuel Martínez a xornada trascorreu con normalidade, destacando a deportividade dos participantes, na cal o local Javier Calvo Simois, coa súa cadela setter "Nena" proclamouse campión provincial da especialidade con 550 puntos. O segundo posto era para Rubén Saavedra Cuiña, coa súa cadela "Baga" ao conseguir tamén 550 puntos. Tamén coa mesma puntuación pero en terceira posición remataba José Antonio Vasconcellos Vicente co seu can " Azor".

A estes tres cazadores acompañaranos Iván Moure González  e Sergio Suárez  Fernández conformando a selección provincial para o Autonómico da especialidade.

Este campionato contou coa colaboración de Pensos Bichoucos e co patrocinio da Secretaría Xeral para O Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
2025-12-29
VIII Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia”

CAMPIONATO GALEGO DE ARCEAS
2025-12-22
José Manuel Tomé co setter “Duke” gañador dun Campionato Galego de Arceas moi desputado

ARCEAS CORUÑA
2025-12-15
O provincial da Coruña de caza de arceas proclomou campión a José Manuel Tome con “Duke”

ARCEAS PONTEVEDRA
2025-12-15
Iván Ramos con "Sira" proclamouse campión provincial de caza de arceas en Rodeiro


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza