Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SELECCION GALEGA AGILITY
Grandes resultados da Selección Galega no Nacional de Agility
2025-11-05

A pasada fin de semana, o Centro Hípico “O Asturcón” (Guyame, Oviedo) converteuse no epicentro nacional do Agility coa celebración do XI Campionato de España, unha proba organizada pola Real Federación Española de Caza (RFEC) e a Federación Asturiana de Caza, que bateu todos os récords de participación con máis de 600 cans rexistrados e 1.500 asistentes.

Baixo a coordinación do delegado nacional de Agility, Luis Alberto Pereira, a competición contou con categorías Individual, por Equipos e Absoluta, ademáis de Junior, Senior, Máster e Paragility, nas clases 20, 30, 40, 50 e 60, reflectindo a amplitude e diversidade desta disciplina. En total, participaron dous competidores de Paragility, 34 infantís, 48 xuvenís, 45 senior e máis de 421 en categoría absoluta, xunto a 61 equipos.

Galicia voltou a colleitar grandes éxitos grazas a calidade dos deportistas que conformaban a selección galega nesta disciplina. Destacamos os seguintes resultados dos participantes da nosa comunidade:

· 1º Campión: Manuel Santomé González con Xabre do Clube Agility Tercans en senior clase 50

· 1º Campión por Equipos: Club Thunderdogs Galicia categoría 20-30-40 (Andrea Ferro Conde, César Martínez Bouzón e Roberto Blanco Vicente )

· 2º Subcampión: Iker Santos Cabo con Mia do Clube Agility Ourencan na categoría máster e absoluta clase 20

· 2ª Sia Andrade con Ary do Clube Agility The paws by Patas na categoría infantil clase 40

· 3º Bronce: Manuel Santomé González con Xunco do Clube Agility Tercans na categoría máster clase 60 e absoluta 60

· 3ª Bronce: Candela Torres López con Zeus do Clube Agility Diverticans na categoría xuvenil clase 30

· 3º Bronce: Rafael Saavedra Otero con Katnis do Clube Agility Thunderdogs Galicia na categoría xuvenil clase 60

Galería fotográfica e todos os resultados en: https://bit.ly/4oOYT4X

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

SEMIFINAL NORTE CAZA MENOR
2025-11-24
Iván Moure subcampión da Semifinal Norte de Caza Menor con Can

ARCEAS LUGO
2025-11-23
Arturo Ledo gañador do provincial lucense de caza de arceas

GALEGO DE CAZA MENOR CON CAN
2025-11-10
O pontevedrés Iván Moure coa podenca “Pomba” proclamouse Campión Galego de Caza Menor con Can na Cañiza

AUTONÓMICO CAZA MENOR CON CAN
2025-11-05
Os montes do Tecor A Cañiza outorgarán o título de Campión Galego de Caza Menor con Can 2025


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza