
XXXVIII Campionato Galego de Caza Menor con Can “Xunta de Galicia” – IV Campionato Galego de Caza Menor Feminino e Adaptado “Xunta de Galicia”
Foi o Tecor de A Cañiza o que acolleu unha das citas de maior relevancia do calendario oficial de competicións da Federación Galega de Caza, que contou coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de dito acoutado e en especial do seu Presidente Marcos Oliveira, que foi unha parte importante na organización do campionato .
Todo comezaba o pasado sábado 8 de novembro coa concentración dos 21 cazadores clasificados nas súas respectivas fases provinciais máis o cazador ourensán Alfonso García Rodríguez que era o participante encargado de defender o título obtido na pasada edición.
Coa dirección de José Moure Caneda ás 9:00 horas arrincaba este campionato de caza menor con can baixo unha climatoloxía favorable que permitiu que durante 5 horas os deportistas tivéranse que enfrontar a unhas condicións moi esixentes dada as particularidades tanto orográficas como da vexetación dos terreos onde se competía, así foi que o longo da xornada producíronse bastantes lances sobre distintas especies cinexéticas permitidas para este campionato, pero a falta de acerto nos disparos facía que non se acadara un maior número de capturas.

O anfitrión Iván Moure González foi profeta na súa terra e coa axuda da podenca de nome “Pomba” facía entrada en control con dúas capturas que lle reportaban un total de 700 puntos e o convertían no novo Campión Galego deste 2025. O coruñés Antón Moure Segade coa setter “Lira” era o segundo clasificado con 550 puntos. Con tamén 550 puntos pero facendo a entrada en control minutos máis tarde que Antón Moure o terceiro posto era para o pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente co setter “Azor”.
Estes tres cazadores que conforman o podio do Autonómico de Caza Menor con Can do 2025 representarán a nosa comunidade na Semifinal Norte do LVI Campionato de España de Caza Menor con Can que se desputará na localidade de Villaescusa de Haro en Cuenca, o vindeiro 22 de novembro.

O participante Emilio Vila Torreira co seu can “Ron” era o campión na categoría de Adaptado e tamén representará a Galicia no Nacional da especialidade.
Unha vez pechado o control coa entrada de todos os cazadores, procedeuse a clausura e entrega de premios por parte das autoridades presentes. O Director da proba José Moure fixo un resumo da competición pasándolle a palabra o Presidente da Sociedade de Caza Marcos Oliveira onde nas súa verbas escusou o alcalde da Cañiza, Luis Piña, que houbéralle gustado estar presente nesta xornada deportiva cinexética. Posteriormente interviña o Presidente Provincial Francisco Couselo Castiñeiras e cerraba o acto o Presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, onde felicitou aos gañadores desexándolles toda a fortuna na representación nacional ao tempo que agradeceu a colaboración da Sociedade de Cazadores da Cañiza que co seu traballo e cesión de terreos permitiu a celebración deste campionato. Fidalgo tamén recordou a tódolos presentes a situación das especies cinexéticas en especial das migratoria e animou a todos a colaborar coa FGC na elaboración de censos.
Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para O Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.









