
Luis Eusebio Fidalgo, Presidente da Federación Galega de Caza e Francisco Couselo, Presidente da FGC de Pontevedra, asistiron á devandita xornada formativa, celebrada no día de onte 24 de febreiro, no Centro Universitario da Garda Civil en Aranjuez (Madrid).
Esta xornada na cal se abordaron diferentes perspectivas dende as novidades na normativa ata as boas prácticas no ámbito federativo e cinexético baseouse en catro obxectivos:
1) Difundir e actualizar coñecementos sobre a normativa actual de armas e o papel da Garda Civil no seu control administrativo e operativo.
2) Analizar os mecanismos de prevención de accidentes e seguridade no manexo de armas deportivas e de caza.
3) Fomentar o intercambio de coñecementos entre a Administración, as federacións deportivas, armeiros e usuarios.
4) Sensibilizar ao colectivo de tiradores e cazadores sobre a importancia da custodia responsable e a prevención do tráfico ilícito.
A xornada foi inaugurada e clausurada por D. Antonio Cortés, Xeneral de División Xefe da Xefatura de Armas, Explosivos e seguridade, e estivo dividida en dúas mesas coloquio:
1) CONTROL DE ARMAS DE CONCURSO
Moderada por D. Jesús Galvez, Coronel Xefe da Intervención Central de Armas e Explosivos da Garda Civil.
Relatores:
- D. José M. Fajardo, Real Federación Española de Tiro Olímpico.
- D. Pedro Morras, Xerente da Federación Sectorial Armera
- D. Ángel Rivera, Tenente Coronel da Intervención Central de Armas e Explosivos da Garda Civil.
2) CONTROL DE ARMAS DE CAZA
Moderada por D. José L. Lopez-Schümmer, Presidente da Fundación Artemisan.
Relatores:
- D. Josep Escandell, Presidente da Real Federación Española de Caza
- D. Ricardo Gil, letrado de Mutuasport
- D. Miguel A. Quesada, Tenente Coronel da Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil.
O remate da xornada o Presidente autonómico resaltou, entreoutras cousas, o compromiso das autoridades de autorizar o uso de auriculares das emisoras durante as cacerías. Solicitouse para todas as comunidades a unificación de criterios para a obtención e renovación da licenza de armas dando resposta de que así son e deben de ser as directrices marcadas.
Pola súa banda o Presidente Provincial explicou aos presentes, a xornada de preparación para a obtención da licenza de armas que imparten en colaboración coa intervención de armas da Garda Civil de Pontevedra. Agradecendo a labor do Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, D. Manuel Touceda, do Capitán da devandita Intervención de Armas D. Félix Díaz e demáis persoal ao seu cargo.









