Marcos García con “León”, Samuel Fernández con “Pirlo” e Silvia Pereira con “Bus” foron os campións da proba de traela sobre xabaril salvaxe en Rianxo

VII Campionato de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe “Xunta de Galicia”
Na xornada do pasado 14 de marzo tiña lugar a xa sétima edición do Campionato de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe na localidade coruñesa de Rianxo. Un total de 24 monteiros e cans competiron para sumar puntos na Copa Galicia da especialidade que permitirá coñecer os clasificados por Galicia para o Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe. Tamén un nutrido número de xóvenes monteiros e monteiras desputaron a proba na categoría junior e feminina.
Baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa vital colaboración da Sociedade de Pesca de Rianxo tiña lugar esta proba de gran repercusión para os apaixoados do rastrexo de xabaril a traela.
Na fase clasificatoria estes foron os dous mellores monteiros e cans de cada campo: Andrés Baleato con “Nuka”, Sergio Prol con “Valdés”, Cristóbal Belay con “Thor”, Marcos García con “León”, Roberto García con “Rumba” e Adrián Carreira con “Zala”.

Na fase final destacar a prestación do monteiro Marcos García Rodríguez que co can “León” obtivo unha puntuación final de 238 puntos e foi o campión da proba. Con 212,5 puntos remataba, en segunda posición, Roberto Carlos García Rodríguez con “Rumba”. O can de nome “Valdés” conducido por Sergio Prol Arcos acadou o bronce con 211 puntos.

En júniors o campión era Samuel Fernández con “Pirlo” e 203 puntos o segundo clasificado era Brais Paz coa cadela “Viola” e 200 puntos. O bronce foi para o xoven monteiro Óscar Fernández que participou con “Sil” e acodou unha puntuación de 186 puntos.

Como novidade nesta edición tamén se desputou unha fase feminina na que a monteira Silvia Pereira con “Bus” era a campiona con 186 puntos. Con 175 puntos en segunda posición remataba Iria Piñeiro con “Zidane”. Vanesa Vila era a terceira clasificada con 161 puntos e participando coa cadela “Moruca”.
Esta proba contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaria Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.
