27 de abril de 2026

O lote de Juan Antonio Nogueira foi o campión da VI Proba de Ceiba do Barbanza

O sábado 25 de abril, desputábase a sexta edición da Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe - Proba de Ceiba do Barbanza “Xunta de Galicia” baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración das Sociedades de Caza Lousame-Noia, Rianxo, Porto do Son, Dodro, Rois e Castelo de Vitres-Folgoso.

Novamente gran expectación ante unha proba de cans de rastro sobre xabaril salvaxe que tanto atrae a monteiros galegos e do norte de España. Mostra delo foron os 21 lotes participantes que realizaron prestacións de calidade grazas, en parte, ao enorme traballo que, a pe de monte, fixo a organización, os rastrexadores e as sociedades de caza colaboradoras. Nesta edición sumábase o emotivo recoñecemento en memoria de Ramón Collazo Oujo, cazador e xuíz federativo con gran paixón e implicación nas probas de cans de rastro sobre xabaril.

Rematada a competición foi o lote de cans “Curro, Pluto, Titi, Rubia, Pecas e Rey” capitaneado polo lucense Juan Antonio Nogueira Fernández o que acadou o primeiro posto da clasificación xeral con 830 puntos, converténdose no campión desta sexta edición. O monteiro José Ángel Romero Soñora cos cans “Peón, Porto, Dimax, Nevado, Zocas e Patas” foi o que obtiña a prata con 818 puntos. O participante José Manuel Costa Pérez cos cans “Venus, Ulises, Buba, Tata, Senda e Uno” era o terceiro clasificado con 817 puntos.

O can “Patas” propiedade do segundo clasificado, José Ángel Romero Soño3ra,  foi mencionada como Mellor Can da Proba con 158 puntos.

Estes eran o resto de puntuacións e clasificados:

- 4º) Fátima Fidalgo Franco: 810 puntos

- 5º) Andrés Paz Dios: 802 puntos

- 6º) Severino Souto Martínez: 801 puntos

- 7º) Héctor Calvo García: 732 puntos

- 8º) Sergio Prol Arcos: 719 puntos

Este campionato contou coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.