Jesús Mozo foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

Na xornada de onte, 26 de abril, desputábase o Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza “Xunta de Galicia”, todo un éxito de xornada deportiva que se desenrolou cunha propicia climatoloxía, ceos despexados e boas temperaturas.
Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e, por imprevistos de última hora, tivo que desenrolarse nas instalacións deportivas do Campo de Tiro Río Sar.
Un total de 100 pratos divididos en catro campos e que fixeron unha máis que atractiva tirada para medio cento de tiradores sendo puntuable para a Copa Galicia da especialidade, baixo a Directora de Tiro Uxía Portela.
O tirador coruñés Daniel Cebreiro García impoñía o seu dominio e obtiña o primeiro posto da clasificación xeral escachando un total de 95 pratos. A prata foi para o tirador pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente cun total de 90 pratos derribados rematando tamén campión da categoría Senior. Mesma marca para o tamén coruñés Ramón Conde Mouriño que compretaba o podio. O tirador ourensán mellor clasificado foi Jesús Mozo Pereira con 83 pratos acadando o título de campión provincial.

En Senior o primeiro posto do provincial foi para Jesús Domínguez Gómez cun total de 80 pratos. José Antonio Gómez Pérez e Carlos Misa Alonso compretaron o podio provincial da categoría, respectivamente.
Con tamén 79 pratos o coruñés Elisardo Cea Cebreiro foi o mellor clasificado en Veteranos, e o lucense José González Yáñez con 77 pratos foi o subcampión. O terceiro posto era para tamén lucense Manuel Magide López con 69 pratos.
O coruñés Antonio Castro Ferreiro foi o campión en Máster, Ismael Neira Fontenla en Iniciados e Mónica Sanles Rodríguez en Donas.
Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.
