18 de maio de 2026

José Rodríguez con “Sol” campión da proba e campión provincial de Pontevedra de Rastro de Xabaril

A Federación Galega de Caza de Pontevedra contou coa Sociedade de Caza e Pesca O Campo para a celebración da edición XXIII da fase provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril “Xunta de Galicia”.

Esta edición foi celebrada, o pasado 16 de maio, baixo a dirección de Eladio Pensado e coa participación de 26 monteiros e 30 cans inscritos. A proba foi puntuable para a Copa Galicia da especialidade e desenrolouse con total deportividade.

O monteiro José Rodríguez Domínguez co seu grifón de nome “Sol” foi o campión da proba e polo tanto campión provincial cun total de 246,5 puntos. Con 243,5 puntos o subcampión foi o tamén pontevedrés Álvaro Fontela Filgueira con “Lito”. O terceiro da xeral e bronce provincial acadouno Julio Ferradás Rozas con “Copi” e 240,5 puntos.

Acompañaran aos tres primeiros clasificados na Selección Provincial para Autonómico da especialidade os seguintes deportistas: Salvador Sestelo, Antonio Sánchez, Joaquín Fernández, Marcos Martínez, Noel Pérez e Generoso Aragunde.

Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Glaicia, pensos Bichoucos e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.