Xa publicada a Orde de Vedas para a vindeira tempada cinexética 2026/2027
Unha vez publicada, no día de hoxe 19 de maio, a Orde Vedas que determina todo o ordenamento da vindeira tempada cinexética, estas son algunhas das datas e períodos de interese:
- Tempada xeral: Do 18 de outubro de 2026 ao 6 de xaneiro de 2027.
- Arcea e agacha: Durante a tempada xeral e tamén se poderá prolongar a súa caza ata o 7 de febreiro de 2027.
- Lebre: Dende o 18 de outubro ata o 29 de novembro de 2026.
- Raposo: Durante a tempada xeral e tamén en batida durante o 3 de setembro ao 17 de outubro de 2026 e do 7 de xaneiro a 7 de febreiro de 2027.
- Corzo: machos en batida dende o 15/08/26 ao 17/10/26. Femias de corzo manteñen as mesmas restricións, xustificacións e condicións cinexéticas que no exercicio anterior. Corzas en batida dende 05/09/26 ao 17/10/26 ou no períodos entre o 07/01/27 ao 13/02/27.
- Xabaril: Do 15 de agosto de 2026 ata o 28 de febreiro de 2027.
Como novidade e apesares da oposición da FGC exposta e argumentada no pasado Comité Galego de Caza, destacamos a incorporación da modalidade da caza do xabaril en man baixo os seguintes condicionantes:
- O titular do Tecor poderaa solicitar dita modalidade no plan anual de aproveitamento cinexético para a tempada 2026-2027
- Días hábiles: luns, martes, mércores e venres dende o 15 de agosto de 2026 ao 28 de febreiro de 2027 en toda a superficie do Tecor
- Todas as persoas cazadoras que exerzan a caza na modalidade en man para o xabaril deberán contar cunha autorización expresa do titular do aproveitamento cinexético, en que se deberán especificar as datas concretas destas cazarías.
Orde de Vedas no seguinte enlace: DOG 91 do 19/5/2026 - RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2026/27.