Xa coñecemos os novos campións autonómicos de paxariles

O pasado 17 de maio, desputouse na AA.VV “O Val” – Narón, o Campionato Galego de Paxariles “Xunta de Galicia” organizado pola Federación Galega Caza en colaboración co Club de Cazadores A Faisca.
A esta edición número XXIX acudiron un bo número de paxaros, 129 en total, que coa calidade dos seus cantos foron obtendo as respectivas puntuacións. Os paxaros participantes foron divididos nas seguintes plumas: 12 liñaceiros, 14 xílgaros, 9 mixtos de liñaceiros, 35 mixtos de xílgaros, 19 xílgaros campeiros, 22 mixtos de xílgaros camperos, 14 verderolos e 4 mixtos de verderolo. Actuando como Director da Competición Miguel Ángel Ares Ares.
Na categoría de Xílgaro foi Ricardo Díaz Fernández o que obtivo o primeiro posto con 92 puntos. A segunda praza era para Manuel Ramos Otero con 48 puntos e a terceira posición, con 33 puntos, foi para José Sanjuan Maceiras.
En Mixto de Xílgaro o ouro era para María Aurora Rio Pico con 111 puntos. A prata era para Manuel Ramos Otero con 100 puntos e Iván Fajardo Cao remataba en terceira posición con 94 puntos.
Na clasificación de Liñaceiro o primeiro posto foi para María José González Domínguez con 78 puntos. Pablo Brage Piñeiro foi o subcampión con 55 puntos e o terceiro posto era, novamente, para María José González Domínguez con 34 puntos.
En Mixto de Liñaceiro acadaba o primeiro posto Pedro Fernández Jiménez con 71 puntos. Con 67 puntos o subcampionato era para José Luis López Ferreiro e o bronce era para Jesús Ángel Faraldo Ares con 62 puntos.
En Xílgaro Campero o campión era Antonio Fernández Iglesias con 19 puntos. A prata era para José Luis Vez Rodríguez con tamén 19 puntos. En terceira posición remataba Fernando Combarro Fernández con 18 puntos.
En Mixto de Xílgaro Campero o campión era Dionisio Ares Babarro con 72 puntos. A prata era para Mª Victoria Rodríguez Fandiño con tamén 22 puntos. En terceira posición remataba Fernando Combarro Fernández con 21 puntos.
Na categoría de Verderol a participante Mª Ángeles Pérez Arcos acadaba o primeiro e segundo posto con 32 e 20 puntos. Pedro Fernández Jiménez obtiña o bronce con 19 puntos.
Na clasificación de Mixto de Verderol resultaba gañador José Manuel Romero Neira con 29 puntos. Miguel Angel Ares Ares e Paula Veiga Sánchez acadaban o subcampionato e o terceiro posto da clasificación con 14 e 2 puntos, respectivamente.

Na entrega de premios estivo presente Rogelio Fernández, Xefe do Servizo de Patrimonio Natural da Dirección Territorial da Coruña e no transcurso da mesma fíxose entrega da placa da FGC a pluma pura con maior puntuación e que nesta edición recaeu no xilgaro propiedade de Ricardo Díaz Fernández.
Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.
