8 de xuño de 2026

Daniel Cebreiro amplía o seu palmarés cun novo título de Campión Galego de Compak Sporting

No día de onte, 7 de xuño, nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar desputouse o Campionato Galego de Compak Sporting “Xunta de Galicia”. Un campionato con ampla participación, preto de 90 tiradores, e que foi testigo do dominio do tirador coruñés Daniel Cebreiro García que acadou, por quinto ano consecutivo, o título de campión galego.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar desputábase a edición XXVI do Campionato Galego de Compak Sporting “Xunta de Galicia”. Unha xornada que daba comenzo ás 9:30 horas e remataba ás 17:00 horas e na cal os deportistas enfrontáronse a 150 pratos repartidos en seis canchas.

E si un campionato galego xa ten unha connotación especial, nesta ocasión o Autonómico de Compak convertíase na antesala da celebración do 18 ao 21 de xuño do Nacional da especialidade en Río Sar . Feito que marcou a proba polas gañas dos tiradores de acadar un posto na selección galega.

O coruñés Daniel Cebreiro García cun claro dominio proclamouse Campión Galego de Compak Sporting despois de acadar a marca de 144 pratos, superando en 5 pratos a Eloy Fernández López que remataba en segunda posición con 139. Para coñecer o bronce deste autonómico foi preciso a realización dun desempate entre o pontevedrés Daniel Domínguez Treinta e os coruñeses seniors José Ramón Conde Mouriño e Antonio Iglesias Otero que remataron con 136 pratos. Emocionante desempate que se adxudicaba Domínguez Treinta e acadaba o terceiro posto da xeral superando na morte súbita a Iglesias Otero.

Acompañou a Antonio Iglesias Otero no podio da categoría Senior o tirador José Ramón Conde Mouriño en segunda posición e o lucense Vicente Insúa López que acaba o bronce.

Gabino Villamor Vázquez era o campión de Veteranos non sen antes resultar gañador na desputa do desempate a 116 pratos con Elisardo Cea Cebreiro que quedaba relegado á segunda posición. Manuel Regueiro Castro con 107 pratos era o que obtiña o bronce da categoría.

En Donas a campiona galega era Maitane Fandiño Pérez por diante de Sabela Calvo López e Eva Domínguez Rodríguez que remataban en segunda e terceira posición, respectivamente.  

Ao abano de campións deste Autonómico sumábanse os seguintes tiradores: Antonio Castro Ferreiro en Másters, Artemio Formoso Barro en Tiro Adaptado, Jonatan Manso Martínez en Iniciados.

A Selección Galega para o Nacional de Compak Sporting quedou formada por Daniel Cebreiro García, Eloy Fernández López, Daniel Domínguez Treinta, Antonio Iglesias Otero, José Ramón Conde Mouriño e Artemio Formoso Barro.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

Patrocinado por

Deporte Galego Mutuasport Proxecta Galicia

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.