Prestacións de calidade na III Proba de Iniciación de Cans de Parada sobre Paspallás en Cedeira

Unha nova edición da Proba de Iniciación de Cans de Parada sobre Paspallás “Xunta de Galicia” congregou, o pasado sábado 11 de xullo, a cans de razas británicas e continentais nos Tecores de Ortegal e Eixil. Grazas a colaboración do Concello de Cedeira e as Sociedades de Caza de Ortegal e Cedeira-Cerdido, recaendo na delegación federativa da Coruña a súa organización.
Sobre paspallás sementado desenrolouse a xornada na que se visualizaron lances de enorme calidade dos cans participantes sendo xuzgados por José Ángel Seco Alvite e Edelmiro Leira Pérez, sendo auxiliados por Nicolasa González Carrodeguas e Victor Varela Castro, todo elo baixo a Directora da Proba, Lidia Almeida de Oliveira.

No apartado con respetos destacamos a prestación de Félix Robles López co seu can setter de nome “Router” cun 1ºEXC. A cadela “Fiera” de Eliseo Faraldo Fernández obtivo o segundo posto cun 2º MB. O can “Zenith” de Félix Robles López obtivo a calificación de 3ºB.

En sen respetos a mellor calificación foi para a setter “Mía” propiedade de José Moure Caneda cun 1º EXC. Cun 2º EXC remataba Francisco Santiago Rodríguez con “Sar do Coto da Neboa” e Pablo Díaz Somoza con “Arno do Coto da Neboa” remataba en terceira posición cun 3º MB.

No apartado de iniciación sen respetos para cans menores de 2 anos salientamos a prestación realizada por “Hiena da Brisa” propiedade de Eliseo Faraldo Fernández cun 1ºMB. Fabián Barge Vilela con “Séneca de Peña Candil” era o segundo mellor cunha calificación de 2ºB. Cun 3ºB na terceira posición situábase Jesús Paz Penela con “Dado de Casa Ato”.
Este campionato contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.
Patrocinado por