3 de agosto de 2026

Félix Robles con “Zenith” foi o campión da proba e Aneiros Leira con “Pul” campión provincial de San Huberto en Xinzo

Baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa colaboración da Sociedade de cazadores de Xinzo de Limia, tivo lugar a edición XXVII do Campionato Provincial de Ourense de San Huberto “Xunta de Galicia”.

A proba desputouse o pasado sábado 1 de agosto e foi dirixida por José Luis García e Uxía Portela dando como gañador da mesma ao cazador Feliz Robles López participando coa cadela “Zenith”.

O segundo posto da xeral foi para Jorge Martín Sánchez participando con “Bicho da Chousa”. O bronce acadouno Jaime Aneiros Ardao con “Iron de Mancofa”. O cuarto posto da xeral foi para Jaime Aneiros Leira con “Pul de Cam de Lira” sendo o mellor participante da provincia e converténdose en Campión Provincial.

O segundo posto do provincial foi para Jaime Aneiros Ardao con “Iron de Mancofa” e o bronce para Eliseo Faraldo Fernández con “Galega da Brisa”.

A selección provincial quedou conformada por: Jaime Aneiros Leira, Jaime Aneiros Ardao, Eliseo Faraldo, Eduardo Blanco e Juan Manuel González.

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Axencia Touceda, Proyecta Galicia e Arion.

Patrocinado por

Deporte Galego Mutuasport Arion Proxecta Galicia Touceda

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.