Daniel Cebreiro adxudícase o Memorial de Percorridos de Caza

No día de onte, 9 de agosto, desputouse no Campo de Tiro Río Sar unha edición máis do Memorial José e Manuel Cea Seoane de Percorridos de Caza. Campionato puntuable para a Copa Galicia e desputado a 100 pratos en 2 líneas e 4 postos, e con máis de 60 tiradores participando. Todo elo organizado pola Sociedade Deportiva Río Sar e coa colaboración da Federación Galega de Caza.
Rematada a competición, a clasificación final deu como claro gañador ao coruñés Daniel Cebreiro García que con 92 pratos escachados converteuse no campión desta edición 2026. O pontevedrés Daniel Domínguez Treinta foi o subcampión con 90 pratos. O bronce foi para o tirador Antonio Iglesias Otero que remataba con 88 pratos que lle daban o terceiro posto da Clasificación Xeral.
Os seguintes tiradores mellor clasificados foron: 4º Protasio Hermida Suárez, 5º Jesús Mozo Pereira, 6º Francesc Calvet Vela, 7º Darío González Cesteiros, 8º José Manuel Fernández Añón, 9º David Nieto Seoane e 10º José González Yáñez.
Rematada a competición e durante a entrega de premios, a Sociedade Deportiva Río Sar quixo facer unha mención ás casas e entidades patrocinadoras que reportaron un destacado e amplo número de agasallos para os tiradores participantes.