Edelmiro Leira Campión Galego de San Huberto en masculino e levantadores e Lidia Almeida na categoría feminina

Esta edición do Campionato Galego de Caza San Huberto “Xunta de Galicia” disputouse nos terreos dos Tecores de Ortigueira e Eixil (Cerdido, Cedeira), contando coa inestimable colaboración dos distintos membros das Sociedades de Caza que tanto no mesmo día como nos días previos estiveron en todo momento a disposición do Delegado Técnico para buscar os mellores campos para poder disputar a proba.
Coa dirección de José Moure Caneda ás 9:00 horas arrincaba a competición dividíndose en tres campos para a categoría masculina, un campo para a categoría feminina e outro para os levantadores, o vento do sueste que foi virando ao longo do día a suroeste ao igual que a boa temperatura foron os protagonistas durante a competición facendo que se viviran grandes turnos nas distintas categorías.

O campión da categoría masculina despois dunha axustada final, sería o coruñés Edelmiro Leira Pérez auxiliado polo seu pointer “Dano”, repetindo o mesmo resultado na categoría de levantadores ca springer spaniel “Perla del Valle” o que acadaría os Campionatos Galegos de San Huberto en ámbalas dúas categorías, na categoría feminina seria Lidia Almeida de Oliveira co setter inglés “Dilam de Piago” a Campiona Galega.

Sobre a 15:30 horas o dous primeiros de cada campo da categoría masculina comezarían unha espectacular final onde a igualdade entre o cinco primeiros foi patente xa que as puntuacións foron moi axustadas, pequenos detalles marcaron a clasificación, como así o comentou o xuíz David Romero Albores que xunto cos xuíces Antonio Fraga Temprano e José Manuel Pallas Germiñas decidiron por unanimidade a clasificación da final, comentando os motivos que marcaron as puntuacións dos distintos postos da clasificación.

Unha vez coñecidos tódolos resultados a Selección Galega que nos respresentará no campionato de España que se celebrará o 3 e 4 de outubro en Alabanilla – Murcia será a formada na categoría masculina por os tres representantes máis o campión da Copa Galicia, na categoria feminina serán as tres primeiras máis Nuria Varela Painceiras que defenderá o título de Campiona da Copa de España da edición anterior. Na categoría de levantadores será Roberto Dopico Dopico o único representante xa que o resto de participantes xa estan clasificados por mostra e só poden participar nunha soa categoría.
Masculina
- Edelmiro Leira Pérez con “Dano”
- Juan José Canosa Vigo con “Nike da Chousa”
- Jaime Aneiros Ardao con “Iron de Mancofa”
- Félix Robles López con “Zenith”
Levantadores
- Roberto Dopico Dopico con “Chispa do Lugar Vello”
Feminina
- Lidia Almeida de Oliveira con “Dilam de Piago”
- Nicolasa González Carrodeguas con “Gudel”
- Ana Isabel Arbiol Ledesma con “China de Vilar de Donas”
- Nuria Varela Painceiras con “Alfa de Cerámica de Sedes”

Unha vez rematada a final o Director da Proba deu o resultado das clasificacións e fíxose entrega a Juan Jose Canosa Vigo da placa de Campión da Copa Galicia. Seguidamente cedeulle a palabra á Secretaria Provincial da Xunta de Galicia, Patricia Busto, posteriormente tomou a palabra José Luís Pérez Pérez eValentín Calvín Fondevilla Alcalde de Ortigueira. Rematou o Director da proba excusando ao Presidente da Xunta Xestora da Federación Galega de Caza D. Luís Eusebio Fidalgo debido a asistir a unha xornada técnica sobre o paspallás en Xinzo de Limia.
Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para O Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport, Touceda e Arion.
Patrocinado por