25 de agosto de 2026

O setter “Zafir de Piago” de René Vale foi o mellor calificado nas Pontes

O pasado sábado 22 de agosto tivo lugar no Tecor da Venatoria das Pontes a Copa FGC da Coruña de Cans de Parada "Xunta de Galicia", puntuable para a Copa Galicia da especialidade para razas británicas e continentais con preto de 30 cans inscritos.

Proba organizada pola Federación Galega de Caza na Coruña e que contou coa colaboración da Sociedade de Caza Venatoria As Pontes.

A competición contou con Lidia Almeida como Directora da Proba e trascorreu con total deportividade e nuns terreos óptimos para o desenrolo da competición propiciando prestacións de calidade como ratificou o xuíz José Manuel Pallas que estivo auxiliado por Antón Moure e Edelmiro Leira.

En Británicos o setter de nome “Zafir de Piago" propiedade de René Vale García obtivo o primeiro posto con calificación de 1º EXC. A prata cun 2ºEXC era para o setter de nome “Pavadar Cholo" propiedade de Carlos Lalín Ferreiroa. O bronce era para a pointer de nome “Fiera de Pardiñeira " de Eliseo Faraldo Fernández cun 3ºMB.

En Continentais o braco alemán “Iron de Mancofa” de Jaime Aneiros Leira era o mellor calificado cun 1ºB.

Esta Copa FGC contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Axencia Touceda, Arion e Mutuasport.

 

Patrocinado por

Deporte Galego Mutuasport Arion Proxecta Galicia Touceda

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.