Juan José Canosa con “Nike da Chousa” fai historia ao acadar o Campionato de España de San Huberto e Ana Isabel Arbiol con “Chula de Vilar de Donas” obtén a prata na categoría Feminina

Que Galicia partía con serias opcións de acadar grandes resultados no Nacional de San Huberto desputado a pasada fin de semana en Abanilla era unha realidade. Unha realidade porque a Selección Galega xa partía con enorme calidade do binomio cazador e can, e os presaxios fixeronse realidade cuns resultados extraordinarios.

Juan José Canosa Vigo, dende fai anos, é todo un referente da disciplina cun amplo palmarés, e se a esto lle engadimos a calidade do seu pointer “Nike da Chousa” deu como resultado un título nacional moi agardado e que antes ou despois tiña que chegar.
Pero non menos importante foi a prata que veu para Galicia da man de Ana Isabel Arbiol Ledesma que coa súa cadela “Chula de Vilar de Donas” obtiña un segundo posto ampliando así o seu xa nutrido palmarés.

Dende a Federación Galega de Caza o orgullo galego non pode ser máis inmenso ao acadar uns resultados nunha das disciplinas reinas das competicións cinexéticas. Unha modalidade na que nos derradeiros anos, coas victorias na Copa España de Juan José Canosa en 2023 e Nuria Varela en 2025, acadamos o cumen con este Campionato de España Masculino e subcampionato Feminino.
NORABOA!