Cazador… hoxe é Madrid maña pode ser Galicia! Co amparo da Federación ti podes evitar a chegada de malas novas na caza participando en censos e estudos científicos
A Real Federación Española de Caza persoarase no procedemento xudicial para defender os intereses dos cazadores e evitar que actuacións similares poidan estenderse a outras comunidades autónomas.
Fai escasas horas saltaba a noticia da suspensión cautelar da caza de nove especies na comunidade de Madrid tralo auto ditado polo Tribunal Superior de Xustiza por solicitude da entidade ecoloxista SEO-BirdLifer
A Federación Galega de Caza, dende hai moitos anos, e sempre coa colaboración das sociedades de caza e cazadores participa en numerosos estudos científicos, censos de especies e dinámicas de poboación… isto sempre tivo e ten un claro obxetivo final, e non é outro que ter a mellor e máis forte ferramenta para defender a sostebilidade e necesidade da caza ante os ataques dos colectivos anticaza.
Hoxe é Madrid pero maña pode ser Galicia! coa participación activa dos cazadores e o incremento de colaboradores e censadores a FGC a través da RFEC, Mutuasport, da Fundación Artemisan e outros entes pode evitar o fin da actividade cinexética de determinadas especies ou frear o seu avance… para exemplo o Proxecto Coturnix de Mutuasport que sen él hoxe sería complexo ou moi restrictiva a caza do paspallás.
Esta mala nova cinexética que acontece en Madrid debe ser un impulso máis a formar parte do equipo de censadores galegos e participar nestes imprescindibles estudos!
Nota da RFEC preme aquí
