David Carballido con “Kuki” gañador do provincial pontevedrés de caza menor

Este pasado sábado, 24 de outubro, os montes do Tecor Santa Bárbara de As Neves, en Arbo, foron o escenario da disputa do xa XXXVIX Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can “Xunta de Galicia”.
Unha xornada cinexética valorada positivamente polos participantes dada a alta densidade de caza avistada, desfrutando de lances sobre perdices, pombas, raposos e sobretodo coellos.
Rematada a proba, baixo a dirección de José M. Martínez, esta foi a clasificación final:

O cazador David Carballido Balado co can “Kuki” e 700 puntos proclamábase campión provincial. Con 550 puntos e en segunda posición remataba Javier Calvo Simois coa cadela de nome “Nena”. Compretaba o podio José A. Vasconcellos Vicente co can “Azor” e tamén 550 puntos.
Estes tres primeiros clasificados máis os cazadores Ramón Carballido Veiga, Anxo Otero Caneda e o vixente campión autonómico Iván Moure, representarán aos cazadores pontevedreses na desputa do Campionato Galego da especialidade a celebrar o vindeiro 7 de noviembre en Sandiás (Ourense).
Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Axencia Touceda e pensos Bichoucos.
Patrocinado por