Sergio Roca con “Chusco” resultou gañador do provincial coruñés de caza menor en Trazo

O pasado sábado 24 de outubro, en Trazo, desputouse o Campionato Provincial da Coruña de Caza Menor con Can “Xunta de Galicia”. Todo elo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coa Sociedade de Caza de Trazo.
Bo número de participantes e unha boa densidade de caza foron as notas predominantes nesta fase provincial de caza menor con can na que se xogaban seis prazas para acceder ao Autonómico da especialidade.

Foi o cazador Sergio Roca Deive o que acadou o título de Campión Provincial con 1.250 puntos e grazas ó traballo do setter de nome “Chusco”. O segundo posto era para Rubén Boquete Varela coa setter “Illa de Rempenin” e tamén con 1.250 puntos. O bronce era para Yerai Lorenzo García que participou coa setter inglés de nome “Silva” obtendo unha puntuación de 1.100 puntos.
A estes tres primeiros clasificados acompañaranos na selección provincial os seguintes cazadores: Antón Moure Segade, Javier López Cendán e Ramón García Ares.
Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Axencia Touceda, Mutuasport e Arion.
Patrocinado por