26 de outubro de 2026
CAZA MENOR OURENSE

Iván Álvarez con “Suri” gañador do provincial de Ourense desputado no Tecor Porqueira

No Tecor Porqueira desputouse unha nova edición do Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can “Xunta de Galicia”. Novamente foi a Federación Galega de Caza en Ourense a que correu ca organización de dita proba que, coma sempre, contou coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de Porqueira.

A proba desenrolouse baixo a dirección de Uxía Portela e cunha climatoloxía óptima na que os diferentes cazadores acompañados dos seus respectivos cans e xuíces tentaron buscar os lances cinexéticos sobre as especies cazables permitidas.

Foi o cazador Iván Álvarez Pena o que obtivo o primeiro posto e o título de campión provincial grazas ao bo facer da súa cadela de nome “Suri”. En segunda posición remataba Jose Luis García Álvarez coa cadela pointer de nome “Xesta”. O bronce era para Jaime Pintos Davila o cal, grazas ao traballo da cadela de nome “Chuvia”, obtivo o terceiro posto.

Os deportistas Jorge Vázquez e Miguel Cid acompañarán aos tres primeiros clasificados na selección provincial para a desputada do Campionato Galego que se celebrará tamén por terras ourensas.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Axencia Touceda e Arion.

Galería de fotos

Patrocinado por

Deporte Galego Mutuasport Arion Proxecta Galicia Touceda

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.