O Tecor Terra Chá proclamou os mellores cetreiros autonómicos

O pasado 24 e 25 de outubro desputouse o XXIII Campionato Galego de Cetrería “Xunta de Galicia” no Tecor lucense da Terra Chá. Un campionato organizado pola Federación Galega de Caza e a Sociedade Galega de Cetrería e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Tecor Terra Chá e os concellos de Vilalba e Cospeito.
Nos terreos da parroquia do Arneiro desputouse con 40 aves inscritas este Campionato Galego que permitiu coñecer os mellores binomio cetreiro-ave nas seguintes categorías: altanería a pomba lanzada, baixo voo Azores a perdiz, baixo voo Harris a perdiz, pequenas aves a paspallás e brazo tornado man x man (falcóns) a perdiz.

Altanería
Na modalidade de altanería o título era para Rogelio Domínguez con “Trosky” e 102,13 puntos. O subcampionato era para Rui Lima con “Sousa” e 87,58 puntos e o terceiro posto do podio era para Marcelino Herrera con “Machete”.
Baixo Voo
Na modalidade de Baixo Voo a participación foi moito máis alta.
Na categoría de Azores o campión era Antonio Álvarez con “Atila” e 65,50 puntos. Marcos Troncoso con “Ares” facíase co segundo posto da clasificación xeral con 64,00 puntos. O bronce era para Evaristo González con “Optimus”.
En Harris o campión era Diego Fernández con “Popy” con 23,00 puntos seguido en segunda posición por José Villaverde con “Tamara” e 22,00 puntos. O terceiro caixón era para o cetreiro Ángel Gabriel con “Paco” con 21,00 puntos.

Man x Man
Diego Fernández con “Peregrino” e “Sacre” obtivo o primeiro e segundo posto da categoría, con 46 e 45 puntos, respectivamente. O bronce era para Evaristo González con “Ger” e 41,50 puntos.

Pequenas Aves
Na categoría de Pequenas Aves resultaba campiona Carmen Gondar con “Piolín” e 60,00 puntos. O subcampionato era para Brais Otero con “Taiga” e 57,50 puntos e o bronce era para o cetreiro Javier Orosa con “Termita” e 46,00 puntos.
Este campionato autonómico contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.
Patrocinado por