Tres galegos competirán esta fin de semana na Semifinal Norte do Nacional de Caza Menor con Can
Os galegos Jorge Vázquez, José Luis García e Iván Álvarez participaran na semifinal norte que se desputará na xornada do domingo 22 de novembro en Llanos del Caudillo (Ciudad Real), onde competirán contra cazadores representantes de Aragón, Asturias, Castela e León, Cantabria, Cataluña, Euskadi, A Rioxa e Navarra.
A clasificación destas semifinais será determinante para acceder a la final nacional, xa que os doce primeiros clasificados de cada zona obterán unha praza para disputar o Campionato de España. A estes 24 deportistas sumaranse o vixente campión de España, César Bayo, de Navarra; os representantes de Canarias, Baleares e Ceuta; e o campión de España de Caza Menor con Can Adaptada, David Larrondo, que participará como invitado.
