Prata e bronce para Galicia no Campionato de España de Cans de Mostra

A XXXV edición do Campionato de España de Cans de Mostra, celebrada o pasado 14 de novembro en Fuensalida (Toledo), resultou especialmente frutífera para a selección galega, que conseguiu subir ao podio en dúas ocasións.
Na clasificación por equipos de razas británicas, os representantes galegos René Vale e Eliseo Faraldo acadaron a medalla de prata. Ademais, Eliseo Faraldo, coa setter «Fiera de Pardiñeira», conseguiu tamén a medalla de bronce na clasificación individual en británicos.
Desde a Federación Galega de Caza queremos trasladarlles os nosos parabéns polos excelentes resultados acadados, que sitúan a Galicia entre as seleccións destacadas desta disciplina cinexética.
Nota de prensa da RFEC: aquí
