CONMOCIÓN

A Federación Galega de Caza conmovida pola perda de Ángel Gracia

O colectivo de cazadores Galegos, e en especial a Federación Galega de Caza, mostrouse conmocionada pola repentina perda do exsecretario xeral da Real Federación Española de Caza, o zaragozano Angel Santiago Gracia Vicente, toda unha institución no mundo cinexético, onde seguía a colaborar trala súa merecida xubilación fai apenas dous anos.

Angel Gracia era moi coñecido e querido entre os cazadores galegos. Da man de Andrade Cristóbal, cando este era presidente da RFEC, Gracia visitaba por primeira vez a Federación Galega de Caza, á que volvería en numerosas ocasións, sempre disposto a apoiar o deporte cinexético galego, para o que non escatimaba esforzos, estando presente en prácticamente tódolos actos nos que solicitaba a súa presencia.

O Presidente, a Xunta Directiva, o Persoal, e o mundo cinexético galego súmanse ás numerosas mostras de dor que está a recibir tanto a familia como os compañeiros da RFEC. A Manoli, aos seus fillos, e ao resto de familiares, moitísimo ánimo, porque a Angel non lle gustaría que decaéramos nestes momentos senón que sacaría a forza necesaria, como nos ten demostrado en momentos moi dificiles que lle tocou vivir, para afrontar con valentía esta tremenda perda.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.