O pasado 9 de xaneiro celebrábase o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo, que tiña lugar en montes dos concellos de Meaño, Sanxenxo, Meis, Ribadumia e Vilanova, organizada pola Federación Galega de Caza en Pontevedra.
Participaban na proba un total de 58 cuadrillas de toda a provincia, que conseguían abater un total de 47 raposos. A cuadrilla gañadora era “Salceda” que conseguía abater tres raposos, os mesmos que “Cibrán”, que remataba segunda e “Armenteira” que acadaba o terceiro posto. Estas tres cuadrillas xunto con “Morrazo”, cuarta clasificada, participarán no vindeiro Campionato Galego da modalidade.
| CLASIFICACIÓN | ||
| Pos | Cuadrilla | Capturas |
| 1º | Salceda | 3 raposos |
| 2º | Cibrán | 3 raposos |
| 3º | Armenteira | 3 raposos |
| 4º | Morrazo | 3 raposos |
| 5º | Bertaña 1 | 2 raposos |








