Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Descargar en PDF Imprimir
COMPAK SPORTING
Antonio Iglesias Otero proclámase Campión Provincial de A Coruña de Compak Sporting
26/4/2010

O pasado 25 de abril disputábase no Campo de tiro “Rio Sar” en Vilouchada, Chaián (Trazo) o Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade Deportiva “Rio Sar”.

O gañador absoluto da proba era Roberto Rodríguez Fernández, que escachaba 87 pratos, tirador da provincia de Pontevedra que participaba por libre. O segundo clasificado era Antonio Iglesias Otero que escachaba 86 pratos, primeiro da provincia e polo tanto Campión Provincial. O terceiro posto era para Diego Antelo Noya, que tamén escachaba 86 pratos.

Por categorías, o gañador en seniors era o propio Antonio Iglesias Otero. En veteranos vencía Antonio Castro Ferreiro, quen escachaba 76 pratos, mentres que en superveteranos gañaba Angel Mosquera Rodríguez, que escachaba 78 pratos. Por último na categoría de xuvenís o primeiro era Pablo Daz Somaza, con 44 pratos escachados.

CLASIFICACIÓN OFICIAL ABSOLUTA
Pos Tirador Cat Pratos
Antonio Iglesias Otero S 86
Diego Antelo Noya S 86
Daniel Cebreiro García S 85
José Luis Sánchez Mancebo S 83
Manuel García Pombo S 82
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
2025-06-30
O galego Julio Ferradás con “Copy” subcampión de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril

COPA FGC CORUÑA CANS DE PARADA
2025-06-30
O setter “Ralf” de Carnota Ríos foi o mellor calificado en Vimianzo

SAN HUBERTO MAÑÓN
2025-06-30
Juan Carlos Arteche con “Chula de Vilar de Donas” adxudícase o primeiro posto en Mañón

PONTEVEDRA COMPAK SPORTING
2025-06-23
Blanco Puertas campión provincial e Villanueva Dejuane campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza