COMPAK SPORTING

Jorge Vázquez Iglesias gaña o Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting

O pasado 9 de maio disputábase no Campo de tiro eventual “Alto do Picato” en Guntín, o Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting, organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Caza  “O Picato”.

O gañador absoluto da proba, que se disputaba sobre 50 pratos, e tras un desempate, era o tirador da provincia de Pontevedra José A. Vasconcellos Vicente con 44 pratos escachados, que participaba por libre. O segundo clasificado era Jorge Vázquez Iglesias quen tamén escachaba 44 pratos, primeiro da provincia e polo tanto Campión Provincial. O terceiro posto era para Artemio Formoso Barro, que remataba a proba con 41 pratos escachados. Na categoría veteranos o gañador era José Mª González Rodríguez, con 32 pratos escachados.

CLASIFICACIÓN OFICIAL ABSOLUTA
Pos Tirador Cat Pratos
Jorge Vázquez Iglesias S 44
Artemio Formoso Barro S 41
José González Yáñez S 39
José López Abeledo S 38
Vicente Insua López S 37

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.