Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
OBSERVATORIO RFEC
A xornada “Daños, cultivos y caza” reuniu en Santiago a máis de 200 cazadores e profesionais dos diversos sectores do medio rural
4/10/2010

O acto foi inaugurado polo Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado dos presidentes da Real Federación Española de Caza e a Federación Galega de Caza, así como o Director Xeral de Conservación da Natureza.

O Director de Proxectos da Fundación Félix Rodríguez De la Fuente manifestou o seu incondicional apoio á caza como elemento regulador das especies e como ferramenta de prevención de danos

Máis de 200 persoas relacionados coa caza, o medio rural e a administración participaron o pasado sábado no foro “La situación de la caza en España IV”, baixo o título “Daños, cultivos y caza”, que organizou o Observatorio Cinexético da Real Federación Española de Caza en colaboración coa Federación Galega, de onde se sacaron unhas conclusións que se darán a coñecer nos vindeiros días.

A inauguración da xornada correu a cargo do Conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, Samuel Juárez, que estivo acompañado de Andrés Gutiérrez, Presidente da RFEC; José María Gómez Cortón, Presidente da FGC; e Ricardo García-Borregón, Director Xeral de Conservación da Natureza, a quen, tras acompañar aos asistentes durante toda a xornada, foi o encargado de clausurala.

O programa de actos dividíase en tres mesas: a xurídica, a técnica e a social. A mesa xurídica, baixo o título “Es posible un sistema de responsabilidad más justo”, estaba moderada polo avogado e Secretario Xeral da RFEC, Santiago Ballesteros. Nela participaban Ana Díaz, profesora titular de dereito civil da USC; Agustín Calcerrada,  maxistrado-xuíz de Manzanares; María Teresa González, avogada e asesora xurídica da FGC; e Miguel Lamela, avogado especialista en asuntos cinexéticos e agrarios.

Precisamente, entre as conclusións unánimes desta mesa, púxose de manifesto a necesidade de introducir cambios lexislativos, no aspecto da responsabilidade, acordes coa situación actual.

Na mesa técnica, moderada polo director de FEDENCA –Fundación para la Defensa de la Naturaleza y la Caza- José Luis Garrido, debatíanse as “Experiencias y herramientas para limitar los daños”. A participación nesta mesa do coordinador de proxectos da Fundación Félix Rodríguez de la Fuente foi unha das máis agardadas, e Óscar Prada non defraudou, foi tallante no apoio da sua Fundación á caza como ferramenta de xestión de espazos e especies e polo tanto imprescindible na prevención de danos como elemento regulador das especies que os producen. Participaban ademais nesta mesa técnica, Javier Sánchez, enxeñeiro de montes da Federación Riojana de Caza; Ángeles González, veterinaria e membro do gabinete técnico do INLUDES; e Manuel Iglesias, enxeñeiro de montes e Director Técnico de APROCA Galicia.

Entre as súas conclusións cabe destacar o reforzamento das medidas preventivas tendentes a reducir e paliar os danos.

A mesa social, na que se debatía “Buscando soluciones para minimizar el conflicto” e que moderaba o Vicepresidente da FGC e Presidente da Asociación Lucense de Caza, José Luis Valcárcel, participaron como poñentes Jesús Marquina, Xefe do Servizo de Caza e Pesca da Xunta de Galicia; Charo Sánchez, do Sindicato Labrego Galego (COAG); Juan García, do Sindicato Jóvenes Agricultores (ASAJA); Custodio González de Agroseguro; e Juan de Dios García, Presidente da Federación de Caza de Castilla La Mancha.

Entre as conclusións desta poñencia merece especial atención a implicación de tódolos axentes sociais, todos eles favorables a que a responsabilidade, para paliar as consecuencias da fauna salvaxe, sexa compartida nun contexto de defensa da biodiversidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín

XORNADA SOLIDARIA
03/06/2019
A caza estará presente no 5º Día do Deporte Solidario de Área Central

EN SILLEDA
29/05/2019
A feira de caza, pesca e natureza Fecap Abanca multiplica actividades na súa sexta edición

CRÍA E COIDADOS DO CAN DE CAZA
16/03/2019
Presentación da biblioteca cinexética de Mutuasport


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza