Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TRIQUINA
Sanidade publica unha orde pola que se crea a Rede Integrada de Laboratorios de Diagnóstico de Triquina en Galicia
2/11/2010

Na Comunidade Autónoma de Galicia é moi significativo o consumo de carne de porco doméstico e doutras especies que poden estar infectadas por nematodos do xénero Trichinella. Polo tanto, o establecemento de medidas preventivas resulta necesario, non só por evidentes razóns de saúde pública senón tamén pola aplicación da normativa comunitaria contida no Regulamento (CE) 2075/2005, do 5 de decembro.

O capítulo IV (artigo 6) do Regulamento (CE) 1162/2009, do 30 de novembro establece disposicións transitorias para a aplicación do Regulamento (CE) 882/2004, e determina que a autoridade competente poderá designar un laboratorio que realice os controis oficiais de Trichinella e que estea localizado nun matadoiro ou nun establecemento de manipulación de caza, sempre e cando, aínda que non estea acreditado, o dito laboratorio: demostre que iniciou e prosegue os procedementos de acreditación necesarios conforme o Regulamento (CE) 882/2004 e presente á autoridade competente garantías satisfactorias de que se implantaron sistemas de control da calidade para as análises que efectúa a efectos dos controis oficiais.

Tendo en conta que o novo período transitorio rematará o 31 de decembro de 2013, e dado o enorme esforzo humano e económico que supón a acreditación de todas as unidades de análise dos matadoiros, a Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Consellería de Sanidade está a promover o proxecto de acreditación conxunta das unidades de análise dos matadoiros da Comunidade Autónoma de Galicia que efectúan diagnóstico de triquina. O principal obxectivo deste proxecto é dar cumprimento ás normas comunitarias antes citadas, mellorar a fiabilidade das probas realizadas, todo isto ao menor custo posible e, ao mesmo tempo, crear unha estrutura estable e ben definida, cun laboratorio central acreditado que teña a responsabilidade da coordinación e supervisión do funcionamento das unidades de análise localizadas nos matadoiros que efectúen os controis de triquina.

A presente orde ten por obxecto a creación da Rede Integrada de Laboratorios de Diagnóstico de Triquina da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a actuación coordinada entre o laboratorio central e as unidades de análise existentes nos matadoiros de Galicia.

Ver texto completo da orde

Fonte: Consellería de Sanidade

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

LOBO
03/12/2024
O Consello de Berna acepta a reducción do estatus de protección do lobo en Europa

LICENZA DE CAZA MAIORES DE 65 ANOS
23/10/2024
A renovación da licenza de caza para os maiores de 65 anos terá un tempo de validez indefinido

ORDE DE VEDAS 24/25
02/10/2024
Modificacións da Orde de Vedas 2024/2025

MODIFICACIÓN VEDAS
14/08/2024
Información sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza