Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RELEVO
Javier Nogueira toma posesión como novo presidente da Federación Galega de Caza
27/1/2011

O cazador da localidade pontevedresa de Moscoso, Javier Nogueira, ven de tomar posesión como novo presidente da Federación Galega de Caza, nun acto celebrado onte na sede federativa, en Santiago de Compostela, no que o presidente saínte, José María Gómez Cortón, lle cedía o bastón de mando tras 15 anos ocupando diferentes cargos na institución federativa, como presidente durante os catro últimos.

O acto de traspaso de poderes arrancaba pola mañá, cunha recepción do Director Xeral de Conservación da Natureza aos presidentes entrante e saínte, na que se abordou a situación dos danos producidos pola caza así como a reforma da lei de caza, entroutros temas de actualidade cinexética. Á saída da entrevista, Nogueira, manifestaba a súa disposición de continuar mantendo unhas relacións fluidas coa Administración. Tras un almorzo de traballo, no que tamén participaba o Director Xeral de Conservación, Ricardo García Borregón-Millán, Javier Nogueira Diz e José María Gómez Cortón asinaban o documento de traspaso de poderes.

Nogueira Diz, de 45 anos, casado, pai de dous fillos, de profesión empresario, comeza a practica-la caza da man do seu pai aos 18 anos. Xa daquela apuntaba maneiras, pois con apenas 23 anos ocuparía a secretaria da sociedade de caza de Pazos de Borbén. En 1996, da o salto á federación de caza, avalado pola súa traxectoria como árbitro, para facerse cargo dos percorridos de caza como máximo responsable da modalidade en Galicia, sendo presidente federativo, outro pontevedrés, Arturo Pichel. Paralelamente entra a formar parte da federación en Pontevedra como Vicepresidente 1º, con José Antonio Fraga de presidente; apenas catro anos máis tarde, no 2000, pasaría a ocupa-lo cargo de máximo responsable da caza en Pontevedra, como presidente provincial, cargo que veu desempeñando durante os últimos 10 anos, combinandoo coa responsabilidade de Delegado Nacional de Rastro na Real Federación Española de Caza (2001-2009, 2010), e membro das comisións de control interno da RFEC e de Mutuasport.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza